Praia de Traba
Praia de Traba | |
---|---|
Vista da praia de Traba. | |
Características xerais | |
Localización | Boaño (Traba, Laxe) |
Lonxitude | 2,5 km |
Largo medio | 46 m |
Características específicas | |
Tipo de praia | Natural |
Tipo de area | Fina |
Condicións do baño | |
Aspectos medioambientais | |
Presenza de vexetación | Si |
Zona protexida | Si |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Sinalización do perigo | Si |
Policía local | Si |
Equipo de salvamento | Si |
Accesibilidade | |
Tipo de acceso | Pasarela |
Sinalización do acceso |
A praia de Traba é un areal situado no lugar de Boaño, na parroquia de Traba, no concello coruñés de Laxe; atópase delimitada pola Punta Arnao (sur) e pola Punta Traba (norte). Conta cunha lonxitude de 2.650 m.[1] A Lagoa de Traba atópase na parte posterior do sistema dunar.
Por esta praia pasa a 4ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]O lugar onde se atopa a praia é de grande interese ecolóxico e atópase catalogado como espazo natural protexido por resolución 10/01/1990 da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia co nome de Espazo natural da Lagoa e Dunas de Traba.[2]
A lagoa formouse pola formación dunha barreira de dunas entre o mar e os regatos que nel abocaban. Entre a fauna da lagoa salientan garzas, parrulos, gaivotas. A mesma atópase arrodeada dun mesto canival, mais posúe un observatorio de aves.
Os fortes ventos da zona fan avanzar o sistema dunar cara a lagoa, polo que esta vaise reducindo.
Historia
[editar | editar a fonte]Existiu no lugar unha poderosa familia nobre, os Traba, que tomou o nome dun castelo, hoxe non localizado, na parroquia homónima.[3] Desta familia descenden moitas das sonadas liñaxes da nobreza galega, coma os Moscoso, os Andrade, os Mariñas ou os Montaos.
Os Condes de Traba, con Froila Vermúdez coma primeiro membro da liñaxe, controlaron parte da costa de Galiza na Alta Idade Media. Pedro Froilaz, seu fillo, foi o primeiro personaxe en asinar coma Conde de Galiza.
A orixe do topónimo podería estar no substantivo latino tabula (táboa, referido neste caso á chaira cadrada onde se atopa a vila).[4]
No ano 2000 ocorreu en Galicia a catástrofe do Prestige, onde se verteron ao mar toneladas de combustíbel. A praia de Traba foi unha das máis afectadas polo chapapote.[4]
Lendas
[editar | editar a fonte]Unha lenda di que cando Santiago Apóstolo estaba a predicar por estas terra, os moradores dunha vila chamada de Vilaverde desouviron as palabras deste, polo que a aldea se afundiu na lagoa para sempre.[5]
O val onde se atopa a praia e mais a lagoa cércase por varios outeiros coma o da Torre da Moa (241 m.), onde hai un castro e restos romanos e medievais. Coma ocorre en practicamente todos os castros galegos, abundan as lendas dos mouros.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Moza na praia.
-
Cordón dunar.
-
Pasarela de madeira.
-
Detalle das dunas.
-
Hórreo preto da praia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lonxitude do areal na páxina web "Camiños dos Faros" (en castelán).
- ↑ "Espazo natural de Traba". Consultado o 2020-04-11.
- ↑ Paulo Martínez, Toponimia da comarca de Bergantiños (2009)
- ↑ 4,0 4,1 Artigo no Portal das Palabras da RAG.
- ↑ Tania Carreira Rial: Lenda na páxina web Costa da Morte de Galicia Arquivado 12 de xullo de 2017 en Wayback Machine. (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Praia en Guía de viaxe Arquivado 04 de agosto de 2017 en Wayback Machine. (en castelán).
- Praia nas Guías Masmar (en castelán).