Xogos Paralímpicos de Londres 2012
Xogos da XIV Paralimpíada | |
---|---|
Londres 2012 | |
Estados Participantes | 164 |
Atletas | 4.294 |
Eventos | 503 en 20 deportes |
Cerimonia de Apertura | 29 de agosto |
Cerimonia de Clausura | 9 de setembro |
Apertura oficial | Raíña Isabel II[1] |
Facho Olímpico | Margaret Maughan |
Local | Estadio Olímpico |
Os Xogos Paralímpicos de 2012 foron os décimo cuartos Xogos Paralímpicos de Verán e celebráronse dende o 29 de agosto ata o 9 de setembro de 2012 na cidade de Londres, Reino Unido, logo de que a capital británica gañara a votación para acoller os Xogos Olímpicos e os Xogos Paralímpicos de 2012. Houbo 1,6 millóns de entradas dispoñibles cunha taxa de vendas estimada do 63%.
No seu informe de avaliación o Comité Olímpico Internacional sinalou que "Coa súa rica historia, as capacidades do Deporte Paralímpico británico están entre as mellores da historia".
Os xogos incluíron atletas con diversas discapacidades físicas e sensoriais, tales como a parálise cerebral, amputacións e cegueira. Esta foi a primeira vez dende a edición do ano 2000, onde os deficientes mentais retornaron aos Xogos.
Proceso de selección
[editar | editar a fonte]A cidade organizadora dos Xogos Olímpicos de Verán acolleu tamén os Xogos Paralímpicos de Verán, como se viña facendo dende 1988 e como se acordou formalmente polo Comité Olímpico Internacional no 2001.[2] Logo da cuarta e última rolda de votacións na 117ª sesión do COI celebrada en Singapur, o dereito a organizar os Xogos Paralímpicos de Verán no 2012 foi para Londres.[3][4]
Resultados das votacións das Olimpiadas de verán de 2012 | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Cidade | Comité Olímpico Nacional | 1ª rolda | 2ª rolda | 3ª rolda | 4ª rolda | |
Londres | Reino Unido | 22 | 27 | 39 | 54 | |
París | Francia | 21 | 25 | 33 | 50 | |
Madrid | España | 20 | 32 | 31 | — | |
Nova York | Estados Unidos | 19 | 16 | — | — | |
Moscova | Rusia | 15 | — | — | — |
Países participantes
[editar | editar a fonte]Nos Xogos Paralímpicos de Londres 2012 participaron os seguintes comités paralímpicos nacionais:[5]
Deportes
[editar | editar a fonte]Nos 11 días de competición disputáronse as seguintes probas:
Sedes
[editar | editar a fonte]Dos vinte deportes Paralímpicos, nove xogáronse no Parque Olímpico de Londres que foi construído especialmente para os Xogos Olímpicos e Paralímpicos:[15]
- Atletismo
- Ciclismo en ruta
- Fútbol 5
- Fútbol 7
- Goalball
- Natación
- Esgrima en cadeira de rodas
- Rugby en cadeira de rodas
- Tenis en cadeira de rodas
- Tiro con arco
O Centro de Exposicións ExCeL acollerá seis deportes máis:
- Baloncesto en cadeira de rodas
- Boccia
- Halterofilia
- Judo
- Tenis de mesa
- Voleibol sentado
Os eventos de tiro tivo lugar nos Royal Artillery Barracks en Woolwich e o ciclismo en ruta no Regent's Park, no centro de Londres. O Grenwich Park hospedou os eventos de equitación, a Weymouth and Portland National Sailing Academy os de vela e o Ethon Dourney os de remo
Calendario
[editar | editar a fonte]Cerimonia de inauguración | Competicións | ● | Finais | Cerimonia de clausura |
agosto / setembro de 2012 | Mér 29 |
Xov 30 |
Ven 31 |
Sáb 1 |
Dom 2 |
Lun 3 |
Mar 4 |
Mér 5 |
Xov 6 |
Ven 7 |
Sáb 8 |
Dom 9 |
Medallas de ouro |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tiro con arco | 4 | 3 | 2 | 9 | |||||||||
Atletismo | 11 | 17 | 20 | 17 | 21 | 20 | 21 | 16 | 23 | 4 | 170 | ||
Boccia | 3 | 4 | 7 | ||||||||||
Ciclismo | 5 | 5 | 5 | 3 | 18 | 4 | 6 | 4 | 50 | ||||
Equitación | 2 | 3 | 2 | 4 | 11 | ||||||||
Fútbol 5 | 1 | 1 | |||||||||||
Fútbol 7 | 1 | 1 | |||||||||||
Goalball | 2 | 2 | |||||||||||
Judo | 4 | 4 | 5 | 13 | |||||||||
Halterofilia | 2 | 3 | 3 | 3 | 3 | 3 | 3 | 20 | |||||
Remo | 4 | 4 | |||||||||||
Vela | 3 | 3 | |||||||||||
Tiro | 2 | 2 | 2 | 1 | 1 | 1 | 1 | 2 | 12 | ||||
Natación | 15 | 15 | 15 | 14 | 14 | 15 | 15 | 15 | 15 | 15 | 148 | ||
Tenis de mesa | 11 | 10 | 4 | 4 | 29 | ||||||||
Voleibol | 1 | 1 | 2 | ||||||||||
Baloncesto en cadeira de rodas | 1 | 1 | 2 | ||||||||||
Esgrima | 4 | 4 | 2 | 1 | 1 | 12 | |||||||
Rugby en cadeira de rodas | 1 | 1 | |||||||||||
Tenis en cadeira de rodas | 1 | 2 | 3 | 6 | |||||||||
Total de finais | 28 | 40 | 49 | 59 | 51 | 54 | 64 | 47 | 48 | 57 | 6 | 503 | |
Finais acumuladas | 28 | 68 | 117 | 176 | 227 | 281 | 345 | 392 | 440 | 497 | 503 | ||
Cerimonias | |||||||||||||
Agosto / setembro de 2012 | Mér 29 |
Xov 30 |
Ven 31 |
Sáb 1 |
Dom 2 |
Lun 3 |
Mar 4 |
Mér 5 |
Xov 6 |
Ven 7 |
Sáb 8 |
Dom 9 |
Medallas de ouro |
Medalleiro
[editar | editar a fonte]Posición | País | Ouro | Prata | Bronce | Total |
1 | China | 95 | 71 | 65 | 231 |
2 | Rusia | 36 | 38 | 28 | 102 |
3 | Reino Unido | 34 | 43 | 43 | 120 |
4 | Ucraína | 32 | 24 | 28 | 84 |
5 | Australia | 32 | 23 | 30 | 85 |
6 | Estados Unidos | 31 | 29 | 38 | 98 |
7 | Alemaña | 18 | 26 | 22 | 66 |
8 | Brasil | 21 | 14 | 8 | 43 |
9 | Polonia | 14 | 13 | 9 | 36 |
10 | Países Baixos | 10 | 10 | 19 | 39 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "London 2012 Paralympic Games to be opened by The Queen". London2012.com. 29 February 2012. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2012.
- ↑ "Paralympics 2012: London to host 'first truly global Games'". BBC Sport.
- ↑ "London beats Paris to 2012 Games". BBC News.
- ↑ Culf, Andrew (6 de xullo de 2005). "The party that never was: capital marks the games at last—Eight weeks after Olympic celebrations were cut short by bombings, London puts on a low-key spectacle to show it means business". The Guardian (London). Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2008.
- ↑ https://archive.today/20130103164138/www.london2012.com/paralympics/athletes/%23tabFilter-3
- ↑ North Korea - Athletes
- ↑ "Comité Paralímpico Español - Juegos Paralímpicos Londres 2012 - Noticias". Paralimpicos.es. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2012.
- ↑ "Rogoimuri ruled out of 2012 Paralympics". Fijilive.com. 23-08-2012.
- ↑ https://archive.today/20121204173352/www.london2012.com/paralympics/country/faroe-islands/
- ↑ "Mūsējo sportistu starti Paralimpiskajās spēlēs Londonā 2012" (en Latvian). Latvian Paralympic Comittee. 10 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2012. Consultado o 06 de setembro de 2012.
- ↑ "London games: 500 Days to go!". Ukinlebanon.fco.gov.uk. 9 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2012. Consultado o 06 de setembro de 2012.
- ↑ BNS. "Paskelbta Lietuvos rinktinė, startuosianti Londono parolimpinėse žaidynėse — DELFI Žinios". Sportas.delfi.lt.
- ↑ "Team South Africa named for 2012 Paralympics". SASCOC. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2012. Consultado o 06 de setembro de 2012.
- ↑ https://archive.today/20121205031826/www.london2012.com/paralympics/country/jordan/athletes/index.html
- ↑ BBC Sport (24 de novembro de 2006). "Paralympics venue plan unveiled" (en inglés). Consultado o 16 de agosto de 2012.