Wisława Szymborska
Aparencia
Wisława Szymborska, Maria Wisława Anna Szymborska, nada en Kórnik o 2 de marzo de 1923 e finada o 1 de febreiro de 2012[1], foi unha poeta polaca. Obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1996. Parte da súa obra poética foi traducida ao galego por Lucía Caeiro para Edicións Positivas baixo o título Versos escollidos nunha edición bilingüe, de 84 poemas.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Bnin, que hoxe forma parte de Kórnik, preto da cidade de Poznań, pero a súa familia trasladouse pronto a Cracovia, cidade na que cursou os seus estudos e na que despois residiu ata a súa morte.
Obras
[editar | editar a fonte]- Busco a palabra (1945).
- Dlatego żyjemy (1952).
- Pytania zadawane sobie ("Preguntas formuladas a unha mesma", 1954).
- Wołanie do Yeti ("Convocación ao Yeti", 1957).
- Sól ("O Sal", 1962).
- Sto pociech (1967).
- Poezje wybrane ("Poesía selecta", 1973).
- Wielka liczba (1976).
- Ludzie na moście ("Xente na ponte", 1986).
- Lektury nadobowiązkowe (1992).
- Koniec I poczatek ("A fin e o principio", 1993).
- Widok z ziarnkiem piasku (1996).
- Non sei que xente (1997) Discurso ante a Academia Nobel.
- Versos escollidos (2011, versión bilingüe polaco-galego, por Lucía Caeiro, en Positivas).
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Cidade de Cracovia de Literatura, 1954
- Premio do Ministerio de Cultura Polaco, 1963
- Premio Goethe, 1991
- Premio Herder, 1995
- Doutor Honorífico da Universidade Adam Mickiewicz en Poznań, 1995
- Premio Club PEN polaco, 1996
- Premio Nobel de Literatura, 1996