Vangarda Nazonalista Galega
Aparencia
Vangarda Nazonalista Galega foi un partido independentista galego que actuou no ano 1933.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado por Álvaro das Casas e algúns disidentes do Partido Galeguista, deuse a coñecer o 25 de xullo de 1933 por medio do seu voceiro Máis!, que curiosamente estaba en castelán. Máis! só publicou un número e non se coñecen actividades do partido posteriores a 1934.