Saltar ao contido

Rally Mariña Lucense de 2020

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaRally Mariña Lucense de 2020
Tipoedición de rally Editar o valor em Wikidata
Parte deRally Mariña Lucense e Tempada 2020 do Campionato de Galicia de Rally Editar o valor em Wikidata
Número de participantes75 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo11 de decembro de 2020 – 13 de decembro de 2020 Editar o valor em Wikidata
Número de edición2 Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoNikolay Gryazin Editar o valor em Wikidata

2019 Editar o valor em Wikidata

O Rally Mariña Lucense de 2020 foi a segunda edición de dito rally e a terceira e derradeira proba da tempada 2020 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse na Mariña de Lugo o 12 de decembro de 2020 e o vencedor foi o ruso Nikolay Gryazin a bordo dun Volkswagen Polo GTI R5.

Antecedentes e inscricións

[editar | editar a fonte]

Trala suspensión da maioría de rallys por mor da pandemia por coronavirus, o Rally Mariña Lucense quedou como a terceira e derradeira proba do campionato. O rally chegou con polémica, debido a que o regulamento do campionato establece que se deben descartar dous resultados para obter a puntuación final, e, ao disputárense só tres probas, o vencedor do último rally sería o campión final independentemente do que sucedese nos dous rallys anteriores, debido ao maior coeficiente da proba lucense. A negativa a modificar o regulamento, a pesar de que estaba permitido facelo "por causas de forza maior", provocou o malestar de varios pilotos, entre eles os dous primeiros clasificados do certame, Víctor Senra e Alberto Otero, que anunciaron que non disputarían o rally.[1][2][3]

Finalmente Senra acabou por inscribirse no rally,[4] xunto a outros 74 pilotos, entre os que destacan as presenzas do ruso Nikolay Gryazin, piloto do Campionato do Mundo, cun Volkswagen Polo R5, Alberto Meira, Iago Caamaño ou o asturiano Daniel Alonso.[5][6][7]

Itinerario

[editar | editar a fonte]
TC Nome Distancia Hora Gañador Tempo Líder
TC1 O Vicedo 11,10 km 8:28 Nikolay Gryazin 6:17.877 Nikolay Gryazin
TC2 Xove 10,21 km 09:16 Nikolay Gryazin 7:03.071
TC3 Cervo 10 km 09:54 Nikolay Gryazin 6:01.289
TC4 O Vicedo 11,10 km 12:42 Nikolay Gryazin 6:14.717
TC5 Xove 10,21 km 13:30 Nikolay Gryazin 7:10.957
TC6 Cervo 10 km 14:08 Nikolay Gryazin 6:10.257
TC7 O Vicedo 11,10 km 16:56 Nikolay Gryazin 6:17.758
TC8 Xove 10,21 km 17:44 Galicia Víctor Senra 7:33.333
TC9 Cervo 10 km 18:22 Galicia Víctor Senra 6:32.919

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1 Nikolay Gryazin Konstantin Aleksandrov Volkswagen Polo GTI R5 Sports Racing Technologies 59:29.582
2 Galicia Víctor Senra Galicia David Vázquez Škoda Fabia R5 Yacar Racing 1h00:26.046
3 Galicia Alberto Meira Galicia José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 1h00:53.924
4 Galicia Iago Caamaño Galicia Alberto Rodríguez Volkswagen Polo GTI R5 Escudería Lalín-Deza 1h01:36.962
5 Galicia Adrián Costas Galicia Néstor Casal Mitsubishi Lancer Evo IX C.D. Motor Racing Cantabria 1h04:20.063
6 Galicia Jorge Pérez Oliveira Galicia Avelino Martínez Citroën DS3 R5 Galicia Motorsport 1h04:22.935
7 España Daniel Alonso España Rodrigo Sanjuan Ford Fiesta Rally2 R5 Blendio 1h05:37.126
8 Galicia Tinín Iglesias Galicia Bárbara Gómez Ford Fiesta R2 Desguaces Tino Racing 1h07:29.793
9 Galicia José Manuel Lamela Galicia Daniel Pérez Citroën Saxo VTS Yacar Racing 1h07:54.362
10 Galicia Marcos Rodríguez Galicia Daniel Rodríguez Citroën C2 GT Surco 1h08:10.541
  1. Cachalvite, Andrés H. (29 de outubro de 2020). "Escándalo en el Gallego y no por la FGA: el campeón será el que gane el último rally, el Mariña Lucense". La Región (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  2. Cachalvite, Andrés H. (29 de outubro de 2020). "Víctor Senra y Alberto Otero no estarán en el Mariña Lucense". La Región (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  3. "Polémica entre os pilotos do Galego de ralis polo sistema para elixir o gañador en pleno covid-19". La Voz de Galicia. 2 de novembro de 2020. Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  4. "Víctor Senra á TVG: "Cambiei a miña opinión polos cartos investidos e pola miña xente"". CRTVG. 9 de decembro de 2020. Consultado o 12 de decembro de 2020. 
  5. Cachalvite, Andrés H. (4 de decembro de 2020). "Gryazin, Senra, Caamaño y Meira, favoritos en el Mariña Lucense". La Región (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  6. "Presencia mundialista en el Rallye Mariña Lucense" (en castelán). 3 de decembro de 2020. Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  7. "Lista de inscritos Rally Mariña Lucense" (PDF). Federación Galega de Automobilismo. Consultado o 5 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Rally San Froilán
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 2020
Sucesor:
-