Campionato de España de Rallys de Terra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campionato de España de Rallys de Terra
Tempada actual Tempada 2020
CategoríaRally
FundaciónRACE[1]
Tempada inicial1983
ÁmbitoNacional
SuperficieTerra
Sitio webhttps://www.rallyesdetierra.es/

O Campionato de España de Rallys de Terra, tamén coñecido como CERT, é un campionato de rally que se celebra anualmente a nivel nacional desde 1983 en España, organizado pola Real Federación Española de Automobilismo. Dispútase por tramos exclusivamente de terra. O concurso naceu da man do RACE que tamén organizaba case todas as probas incluídas no calendario. É habitual que se celebren dúas carreiras en cada proba.

Cada tempada dispútanse o campionato de pilotos, o campionato de marcas, o de copilotos, así como diferentes copas e trofeos promocionais e segundo as diferentes categorías de coches admitidos. A regulación deste evento caracterízase por ser aberta, o que permitiu a participación de vehículos prototipos e categorías que perderon a homologación, no caso do grupo B, que non poden participar noutros campionatos. Nalgunhas edicións o CERT compartiu datas co Campionato de España de Rallys Todo Terreo.

No certame teñen triunfado pilotos como Antonio Zanini, Juan Carlos Oñoro, Guillermo Barreras, Txus Jaio, Pedro Diego, Amador Vidal, Xavi Pons ou Alex Villanueva e en moitas ocasións atraeu a pilotos estranxeiros como os uruguaios Gustavo Trelles e Gabriel Méndez ou o mexicano Benito Guerra. Os vehículos de tracción ás catro rodas son os dominadores da disciplina, principalmente das marcas Mitsubishi e Lancia.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira edición celebrouse en 1983, organizada polo RACE, chamándose inicialmente I Copa RACE de Ralis de Terra, pouco despois reconvertida como Campionato de España de Rallys de Terra .

Triunfaron na cita pilotos que compiten regularmente no campionato de asfalto, como Antonio Zanini, que gañou a segunda edición cando xa gañara oito campionatos de asfalto, José María Bardolet, tamén gañador de ambos campionatos, ou máis recentemente Xavi Pons en 2008, piloto habitual en rallys de asfalto. Tamén tiveron éxito pilotos de fóra de España, como os uruguaio Gustavo Trelles, que gañou o título catro veces e Gabriel Méndez, vencedor en 1995, ou o mexicano Benito Guerra, vencedor en 2010.

Calendario[editar | editar a fonte]

O piloto andorrano Joan Vinyes no Rally de Cabanas 2008.

Actualmente hai oito probas puntuables para o Campionato de España de Rallyes:

Outras probas[editar | editar a fonte]

  • Aragón Rally RACE-Zaragoza/Rally de Zaragoza (1983, 1994-1996, 1999-2001)
  • Andalucía Rally RACE Sevilla/Rally Kärcher Salón de Sevilla/Rally Salón del Automóvil de Sevilla (1984, 1996-1998)
  • Galicia Rally de Terra de Lugo (1984-1987, 1989-1993)
  • Cataluña Rally RACE Catalunya/Rally Terra de Catalunya/Rally de Tierra de Cataluña (1984-1985, 1995)
  • Cantabria Rally RACE Cantabria/Rally de Tierra de Santander-Cantabria/Rally de Tierra de Cantabria (1986-1987, 1992, 2002-2004)
  • Cataluña Rally RACE Balaguer/Rally de Balaguer/Rally de Tierra de Balaguer (1987-1988, 1990-1991)
  • Cataluña Rally de Tierra de Lloret de Mar/Rallye Camel - Lloret de Mar (1988-1989)
  • Andalucía Rally RACE Cósta Cálida/Rally de Tierra de Costa Cálida-Lorca (1988-1989, 1991)
  • A Rioxa Rally RACE-La Rioja/Rally de Tierra de La Rioja (1988, 1994, 2002, 2010)
  • Asturias Rally RACE Avilés (1988-1989)
  • Castela-A Mancha Rally de Toledo (1988-1989)
  • Andalucía Rally de Córdoba/Rally de Tierra de Córdoba (1989, 1991-1992)
  • Galicia Rally de Vigo/Rally de Terra de Vigo/Rally Salón do Automóbil de Vigo (1990-1991, 1994, 1997-1998, 2001)
  • Castela-A Mancha Rally Ciudad de Cuenca (1994-1997)
  • Cataluña Rally Artesa de Segre (1997-2000)
  • Rally de Requena (1998-2000)
  • Rally BBK de Gernika-I Gernika de Tierra (1998-2001)
  • Andalucía Rally Palma del Río/Rally Ciudad de Palma del Río (2002-2003, 2005, 2007, 2009, 2011)
  • Galicia Rally da Gudiña-Ourense/Rally de Terra de Ourense (2005-2007)[2]
  • Castela e León Rally de Guijuelo (2006-2010)
  • Galicia Rally de Terra de Cabanas (2007-2010)
  • Aragón Baja España (2011-2012)
  • Andalucía Baja Andalucía (2011-2012)[3]
  • Castela e León Rally de Tierra del Bierzo (2013-2017)
  • Estremadura Rallye de Tierra Riolobos (2013-2014)
  • Estremadura Rally de Tierra Norte de Extremadura (2015-2017)
  • Andalucía Critérium de Málaga - Rallye de Tierra (2015-2016)


Palmarés[editar | editar a fonte]

Amador Vidal, campión en 2014 e 2015, durante un rally no 2008.
O mexicano Benito Guerra en 2008, gañador do certame en 2010.
Ano Piloto Copiloto Automóbil
1983 España Ricardo Muñoz[4] España Carlos Hernández Citroën Visa Trophée
1984 España Antonio Zanini[5] España Josep Autet Talbot Samba Proto
1985 Galicia Guillermo Barreras[6] España Ramón Mínguez Renault 5 Turbo
1986 España Juan Carlos Oñoro[7] España Juanjo Lacalle Opel Manta 400
1987 España Juan Carlos Oñoro[8] España Manuel Ortiz-Tallo Lancia Delta S4
1988 Uruguai Gustavo Trelles[9] España Manuel Ortiz-Tallo Lancia Delta S4
1989 Uruguai Gustavo Trelles[10] España Arturo Fdez. De la Puente Lancia Delta S4
1990 Uruguai Gustavo Trelles[11] España Arturo Fdez. De la Puente Lancia Delta S4
1991 España José María Bardolet[12] España Antonio Rodríguez Ford Sierra Cosworth 4X4
1992 Uruguai Gustavo Trelles[13] Jorge del Buono Lancia Delta HF Integrale
1993 España Enric Burrull[14] España Miquel Escamilla Citroën AX 4x4
1994 España Claudio Aldecoa[15] España Juan Breda Ford Sierra Cosworth 4X4
1995 Uruguai Gabriel Méndez[16] España Jordi Mercader Lancia Delta HF Integrale
1996 España Pedro Diego[17] España Marc Martí Lancia Delta HF Integrale
1997 España Pedro Diego[18] España Tomás Aguado Subaru Impreza 555
1998 España Pedro Diego[19] España Tomás Aguado Toyota Celica 4WD
1999 España Pedro Diego[20] España Tomás Aguado Ford Escort WRC
2000 España Carles Solé[21] España Alberto Sanchis Mitsubishi Lancer Evo VI
2001 España Marc Blázquez[22] España Jordi Mercader Seat Córdoba WRC
2002 España Txus Jaio[23] España Lucas Cruz Ford Focus WRC
2003 España Txus Jaio[24] España Lucas Cruz Ford Focus WRC
2004 España Flavio Alonso[25] España Víctor Pérez Seat Ibiza 4x4
2005 España Samuel Lemes[26] España Jonathan Lemes Mitsubishi Lancer Evo VIII
2006 España Alex Villanueva[27] Francia Arielle Tramont Mitsubishi Lancer Evo VIII
2007 España Dani Solà[28] España Óscar Sánchez Mitsubishi Lancer Evo IX
2008 España Xavi Pons[29] España Xavi Amigo Mitsubishi Lancer Evo IX
2009 España Yeray Lemes España Samuel Vega Mitsubishi Lancer Evo IX
2010 Benito Guerra España Dani Cué Mitsubishi Lancer Evo X
2011 España Oscar Fuertes[30] España Dani Cué Mitsubishi Lancer Evo X
2012 España Xavi Pons[31] España Xavi Amigo Mitsubishi Lancer Evo X
2013 España Xavi Pons España Xavi Amigo Mitsubishi Lancer Evo X
2014 Galicia Amador Vidal Galicia Francis Lema Volkswagen Polo N1
2015 Galicia Amador Vidal Galicia Francis Lema Volkswagen Polo N1
2016 España Alex Villanueva España Óscar Sánchez Citroën DS3 R5
2017 España José Antonio Suárez Galicia Cándido Carrera Peugeot 208 N5
2018 España Xavi Pons España Rodrigo Sanjuan Peugeot 208 T16
Škoda Fabia R5
2019 España Xavi Pons España Rodrigo Sanjuan Škoda Fabia R5
Ford Fiesta R5
2020 España Nil Solans España Xavi Amigo Škoda Fabia Rally2 evo

Škoda Fabia R5

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Álvarez, Diego; González, Urbano (Marzo de 2011). "Historia del nacional de tierra". Crono Motor: 76. 
  2. www.ewrc-results.com. "Spain Gravel 2007" (en inglés). Consultado o 14 de octubre de 2013. 
  3. www.ewrc-results.com. "Spain Gravel 2012" (en inglés). Consultado o 14 de octubre de 2013. 
  4. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1983". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  5. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1984". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  6. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1985". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  7. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1986". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  8. de Miguel, C. (23 de novembro de 1987). "Oroño se proclamó campeón de España de Rallyes Tierra". Hemeroteca ABC. Consultado o 27 de xuño de 2020. 
  9. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1988". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  10. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1989". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  11. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1990". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  12. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1991". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  13. "Deportes en breve". Hemeroteca ABC. 26 de octubre de 1992. Consultado o 10 de abril de 2012. 
  14. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1993". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  15. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1994". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  16. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1995". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  17. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1996". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  18. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1997". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  19. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1998". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  20. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1999". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  21. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 2000". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  22. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 2001". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  23. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 2002". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  24. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 2003". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  25. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 2004". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  26. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 2005". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  27. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 2006". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  28. [Ligazón morta]
  29. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 2008". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  30. Dept. Redacción. "Oscar Fuertes campeón de España Rallyes de Tierra 2011". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  31. rfeda.es (22 de septiembre de 2012). "RALLYES DE TIERRA Y TODO TERRENO - TIERRAS DEL CID". Arquivado dende o orixinal o 26 de septiembre de 2012. Consultado o 23 de septiembre de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]