La Vila Joiosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLa Vila Joiosa
la Vila Joiosa (ca) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°30′19″N 0°13′58″O / 38.505277777778, -0.23277777777778Coordenadas: 38°30′19″N 0°13′58″O / 38.505277777778, -0.23277777777778
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaProvincia de Alacant
Comarcas da Comunidade ValencianaMarina Baixa Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalVillajoyosa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación36.093 (2023) Editar o valor em Wikidata (1.764,94 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie20,45 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor em Wikidata
Altitude27 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Santo padrónMarta de Betania Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataAndreu Verdú Reos (en) Traducir (2015–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal03570 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE03139 Editar o valor em Wikidata
ARGOS ID (en) Traducir03139 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webvillajoyosa.com Editar o valor em Wikidata

La Vila Joiosa (en valenciano: La Vila Joiosa [la'vila dʒo'joza], en castelán: Villajoyosa, cooficiais), chamada normalmente La Vila e antigamente Alonis, é un concello do País Valenciano situado na costa da provincia de Alacant. Ten 32.534 habitantes (censo de 2008) e é a capital da comarca da Marina Baixa e cabeza de partido xudicial. Popularmente é coñecido co dito: "De la Vila i plores, cabra fotuda" (Da Vila e choras, cabuxa fodida).

Vista do barrio de Sant Joan

Xeografía[editar | editar a fonte]

La Vila Joiosa atópase 32 km ao nordeste da cidade de Alacant. É a capital da comarca da Marina Baixa.[1] Polo casco urbano de La Vila Joiosa pasa o río Amadorio, procedente do pantano de Relleu. O termo municipal ten 15 km de costa.

Dende Alacant accédese a esta localidade pola AP-7 ou a N-332. O TRAM Metropolitano de Alacant, o trenet de la Marina de FGV, que leva dende Alacant até Dénia ten en La Vila Joiosa unha parada facultativa e de cruzamento de trens (a estación ten 4 vías) e polo menos 3 máis no seu municipio.

Localidades limítrofes[editar | editar a fonte]

Limita cos termos municipais de Aigües, El Campello, Finestrat e Orxeta.

Demografía[editar | editar a fonte]

Con 30.550 habitantes segundo o censo do 1 de xaneiro de 2007, Villajoyosa é o 12º municipio da provincia de Alacant por poboación. O 18,2% da poboación do municipio era no 2007 da inmigración (da que un 61,1% era doutras nacionalidades da UE).[2]

Evolución demográfica de La Vila Joiosa[3]
1857 1887 1910 1930 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2006 2007
Poboación 9.110 8.763 9.152 8.715 9.315 11.006 16.258 20.638 23.160 24.246 29.263 30.550

Economía[editar | editar a fonte]

Cidade de grande tradición pesqueira, actualmente na súa economía destacan as industrias de chocolate e o turismo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fonte: Descripcion de La Vila Joiosa en CostaBlanca.org. Páxina da deputación de Alacant. Arquivado 09 de outubro de 2007 en Wayback Machine.
  2. Fonte: Explotación estatística do censo segundo o INE. Poboación por sexo, municipios e nacionalidades (principais nacionalidades). Arquivado 12 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.
  3. Fuente: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación desde 1842, Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine.