Rally de La Nucía-Mediterráneo
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Localización e Datas | |
País | España |
Data | 1999 |
O Rally de La Nucía-Mediterráneo (oficialmente Rally de La Nucía-Mediterráneo - Trofeo Costa Blanca ) é unha proba de rally que se celebra anualmente na localidade de La Nucía, provincia de Alacant, organizado pola Asociación Interclubs Automovilismo (AIA). É puntuable para o Campionato de España de Rallys. Inicialmente disputábase en La Vila Joiosa e chamouse Rally Mediterráneo ata o 2004, cando adoptou o nome de Rally La Vila Joiosa, cambiando en 2016 ao nome actual.
Historia
[editar | editar a fonte]O piloto local Miguel Ángel Fuster é o piloto con máis vitorias, tras gañar cinco veces de xeito consecutivo entre 2007 e 2011 e outra vez máis en 2018.
En 2012 a proba caeu do calendario nacional por motivos económicos, despois de once anos sendo puntuable para este. Catro máis tarde, en 2016, volveu ao nacional co nome de Rally de La Nucía-Mediterráneo.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "MAS RALLYE - MASTERCOM". www.masrallye.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2020. Consultado o 6 de novembro de 2020.
- ↑ "Clasificación 2009" (PDF). masrallye.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de novembro de 2020. Consultado o 6 de novembro de 2020.
- ↑ "Clasificación 2010" (PDF). masrallye.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de setembro de 2016. Consultado o 6 de novembro de 2020.
- ↑ "Clasificación 2011" (PDF). masrallye.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de setembro de 2016. Consultado o 6 de novembro de 2020.