Guijuelo
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
| Provincia | provincia de Salamanca | ||||
| Capital de | |||||
| Capital | Guijuelo | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 5.427 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 63,23 km² | ||||
| Altitude | 1.003 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Santo padrón | Asunción de María | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Roberto Martín Benito (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 37770 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 37156 | ||||
| Sitio web | guijuelo.es | ||||
Guijuelo é un municipio da provincia de Salamanca, na comunidade autónoma de Castela e León, España. Dista 48 km de Salamanca, a capital provincial. O xentilicio que designa os seus habitantes é guijuelense.
No 2005 contaba cunha poboación de 5.368 habitantes, dos cales 2.712 homes e 2.656 mulleres, sobre unha superficie de 63,23 km². Posuía polo tanto unha densidade de 84,48 hab./km².
Ademais de Guijuelo abrangue os núcleos de Cabezuela de Salvatierra (57 hab.), Campillo de Salvatierra (331 hab.) e Palacios de Salvatierra (39 hab.). Todos eles uníronse na década de 1970 xunto coas localidades de Aldeavieja de Tormes, Nava de Béjar e Fuentes de Béjar, aínda que se independizaron outra vez nos anos 80.
Economía
[editar | editar a fonte]Grazas á denominación de orixe Guijuelo, a industria de produtos cárnicos é das máis importantes de España, dedicándose gran parte da poboación a esta actividade. Son famosos e de gran calidade os xamóns ibéricos que, aínda que vindos en boa parte das devesas estremeñas, achan aquí o lugar adecuado para a súa curación.
