Saltar ao contido

Rally Illas Canarias de 2020

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaRally Illas Canarias de 2020
TipoTempada 2020 do Campionato de España de Rallys Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata

Tempada 2020 do Campionato de España de Rallys
2020 European Rally Championship (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

O Rally Illas Canarias de 2020 foi a 44ª edición de dito rally, a quinta proba da tempada 2020 do Campionato de Europa de Rally, do Campionato de España de Rallys e a sexta do Súper Campionato de España de Rallys.

Celebrouse do 26 ao 28 de novembro e contou cun itinerario de dezasete tramos que sumaron un total de 201,93 km cronometrados. Tamén foi puntuable para os campionatos ERC 2, ERC 3, ERC Ladies, ERC 3 Junior, ERC 1 Junior e a Abarth Rally Cup.[1]

A proba estaba prevista para os días 9 e 10 de maio, pero a pandemia de coronavirus causou cambios no calendario e cancelacións, véndose a organización obrigada a cambiar a data; primeiro para os días 3 e 5 de novembro e finalmente para os días 26 e 28 do mesmo mes.[2] A pandemia tamén afectou ao funcionamento normal da proba. O epicentro do rally trasladouse dende o parque Santa Catalina, onde se tiña celebrado en anos anteriores, ata a contorna do estadio de Gran Canaria onde se realizaron as verificacións, a cerimonia de saída e onde se instalou o parque de traballo.[3]

O vencedor foi o francés Adrien Formaux cun Ford Fiesta Rally2, por diante do tamén francés Yoann Bonato e do galego Iván Ares. O sétimo posto do ruso Alexei Lukianuk serviulle para coroarse campión de Europa por segunda vez, mentres que Pepe López gañou neste rally os títulos do Campionato de España e do Súper Campionato de España, en ambos casos por segunda vez consecutiva.[4]

Itinerario[editar | editar a fonte]

Día Treito Nome Distancia Tempo Gañador Tempo Líder
Día 1 TC1 Valsequillo 1 11,91 km 10:08 España Nil Solans 8:27.4 España Nil Solans
TC2 San Mateo - Disa 1 12,01 km 10:30 España Nil Solans 8:30.1
TC3 Artenara 1 12,21 km 11:02 Galicia Iván Ares 7:13.2
TC4 Tejeda 1 12,95 km 11:24 España Nil Solans 9:17.1
TC5 Valsequillo 2 11,91 km 14:47 España José Antonio Suárez 7:51.5
TC6 San Mateo - Disa 2 12,01 km 15:09 Alexei Lukianuk 7:58.9
TC7 Artenara 2 12,21 km 15,41 Francia Adrien Formaux 6:55.9
TC8 Tejeda 2 12,95 km 16:03 Francia Adrien Formaux 8:50.2 Galicia Iván Ares
TC9 Las Palmas de Gran Canaria - DISA 1,53 km 18:13 Andreas Mikkelsen 1:14.1
Día 2 TC10 Eco vales - Disa 1 14,17 km 10:04 Francia Yoann Bonato 9:27.0 Francia Adrien Formaux
TC11 Galdar 1 12,40 km 10:37 España Nil Solans 8:21.9 España Nil Solans
TC12 Moya 1 12,70 km 11:28 Francia Yoann Bonato 8:02.6 Francia Adrien Formaux
TC13 Arucas 1 11,85 km 11:58 Alexei Lukianuk 7:04.7
TC14 Eco vales - Disa 2 14,17 km 14:13 Galicia Iván Ares 9:23.1
TC15 Galdar 2 12,40 km 14:46 Andreas Mikkelsen 7:32.5
TC16 Moya 2 12,70 km 15:37 Andreas Mikkelsen 7:50.9
TC17 Arucas 2 (TC +) 11,85 km 16:07 España Pepe López 6:34.

Clasificación final[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo Diferenza
Xeral
1 Francia Adrien Formaux Bélxica Renaud Jamoul Ford Fiesta Rally2 2:12:21.2 0.0
2 Francia Yoann Bonato Francia Benjamin Boulloud Citroën C3 R5 2:12:46.2 +25.0
3 Galicia Iván Ares Galicia David Vázquez Hyundai i20 R5 2:13:16.9 +55.7
4 Oliver Solberg Aaron Johnston Volkswagen Polo GTI R5 2:13:38.7 +1:17.5
5 España José Antonio Suárez España Alberto Iglesias Pin Škoda Fabia Rally2 evo 2:14:00.3 +1:39.1
6 Andreas Mikkelsen Anders Jæger Škoda Fabia Rally2 evo 2:14:10.1 +1:48.9
7 Alexei Lukianuk Alexei Arnautov Citroën C3 R5 2:14:31.8 +2:10.6
8 Callum Devine James Fulton Hyundai i20 R5 2:14:47.0 +2:25.8
9 Polonia Mikołaj Marczyk Polonia Szymon Gospodarczyk Škoda Fabia Rally2 evo 2:14:53.3 +2:32.1
10 España Luis Monzón España José Carlos Déniz Citroën C3 R5 2:14:53.6 +2:32.4
ERC
1 Francia Adrien Formaux Bélxica Renaud Jamoul Ford Fiesta Rally2 2:12:21.2 0.0
2 Francia Yoann Bonato Francia Benjamin Boulloud Citroën C3 R5 2:12:46.2 +25.0
3 Galicia Iván Ares Galicia David Vázquez Hyundai i20 R5 2:13:16.9 +55.7
4 Oliver Solberg Aaron Johnston Volkswagen Polo GTI R5 2:13:38.7 +1:17.5
5 España José Antonio Suárez España Alberto Iglesias Pin Škoda Fabia Rally2 evo 2:14:00.3 +1:39.1
6 Andreas Mikkelsen Anders Jæger Škoda Fabia Rally2 evo 2:14:10.1 +1:48.9
7 Alexei Lukianuk Alexei Arnautov Citroën C3 R5 2:14:31.8 +2:10.6
8 Callum Devine James Fulton Hyundai i20 R5 2:14:47.0 +2:25.8
9 Polonia Mikołaj Marczyk Polonia Szymon Gospodarczyk Škoda Fabia Rally2 evo 2:14:53.3 +2:32.1
10 España Luis Monzón España José Carlos Déniz Citroën C3 R5 2:14:53.6 +2:32.4
CERA
1 Galicia Iván Ares Galicia David Vázquez Hyundai i20 R5 2:13:16.9 0.0
2 España José Antonio Suárez España Alberto Iglesias Pin Škoda Fabia Rally2 evo 2:14:00.3 +43.4
3 España Luis Monzón España José Carlos Déniz Citroën C3 R5 2:14:53.6 +1:36.7
4 España Surhayen Pernía España Eduardo González Hyundai i20 R5 2:14:55.3 +1:38.4
5 España Enrique Cruz España Yeray Mújica Ford Fiesta Rally2 2:16:00.1 +2:43.2
6 España Miguel Ángel Suárez España Daniel Sosa Škoda Fabia R5 2:16:15.9 +2:59.0
7 España Yeray Lemes España Rogelio Peñate Hyundai i20 R5 2:16:17.4 +3:00.5
8 España Antonio Ponce España Daniel Rosario Hyundai i20 R5 2:17:49.3 +4:32.4
9 España Efrén Llarena España Sara Fernández Citroën C3 R5 2:18:33.9 +5:17.0
10 Andorra Joan Vinyes España Jordi Mercader Suzuki Swift R4LLY S 2:19:24.9 +6:08.0
S-CER
1 España José Antonio Suárez España Alberto Iglesias Pin Škoda Fabia Rally2 evo 2:14:00.3 0.0
2 España Surhayen Pernía España Eduardo González Hyundai i20 R5 2:14:55.3 +55.0
3 España Yeray Lemes España Rogelio Peñate Hyundai i20 R5 2:16:17.4 +2:17.1
4 Andorra Joan Vinyes España Jordi Mercader Suzuki Swift R4LLY S 2:19:24.9 +5:24.6
5 Galicia Javier Pardo Galicia Adrián Pérez Suzuki Swift R4LLY S 2:19:45.3 +5:45.0
6 España Daniel Alonso España Rodrigo Sanjuan Ford Fiesta Rally2 2:21:06.0 +7:05.7
7 España Josep Bassas Mas España Axel Coronado Peugeot 208 Rally4 2:22:22.6 +8:22.3
8 España Alejandro Martín España Judith Cabello Peugeot 208 Rally4 2:23:05.2 +9:04.9
9 Galicia Jorge Cagiao Galicia Amelia Blanco Renault Clio RSR Rally5 2:27:12.1 +13:11.8
10 España Pepe López España Borja Rozada Citroën C3 R5 3:44:09.1 +1:30:08.8

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "44. Rally Islas Canarias 2020". ewrc-results.com (en castelán). Consultado o 24 de novembro de 2020. 
  2. "El Rally Islas Canarias adelanta una semana su fecha de celebración". rallyislascanarias.com (en castelán). 11 de xuño de 2020. Consultado o 24 de novembro de 2020. 
  3. "El Rally Islas Canarias traslada su sede al Estadio de Gran Canaria". rallyislascanarias.com (en castelán). 22 de outubro de 2020. Consultado o 24 de novembro de 2020. 
  4. "El Islas Canarias destroza los guiones previos con la sorpresa de Fourmaux-Jamoul" (en castelán). 28 de novembro de 2020. Consultado o 28 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Rally de La Nucía-Mediterráneo
 Campionato de España de Rally 
Tempada 2020
Sucesor:
Rally Comunidad de Madrid