O Genoa CFC disputa os seus encontros como local no Estadio Luigi Ferraris, un recinto con capacidade para acoller a 36.536 seareiros, que comparte co seu veciño e máximo rival, o UC Sampdoria, co cal disputa o denominado Derbi della Lanterna.
Dende 2003 preside o club o empresario multimillonario Enrico Preziosi, nado en 1948, fundador e dono da empresa Giochi Preziosi, a cuarta empresa fabricante de xoguetes a nivel mundial despois de Lego, Mattel e Hasbro.