Polígono industrial de Sabón
| Polígono industrial de Sabón | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Oseiro | |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
O polígono industrial de Sabón é unha zona industrial situada na parroquia de Oseiro, no concello de Arteixo. Leva o nome da aldea de Sabón e foi posto en funcionamento en 1965, aínda que as primeiras empresas non se instalaron até a década de 1970.[1]
Historia e descrición
[editar | editar a fonte]Foi promovido pola Deputación Provincial da Coruña.[1] Conta cunha superficie de 3.287.910 metros cadrados, sendo a destinada a parcelas de 2.403.580.[1] Sobre o seu solo teñen a súa sede ou delegación empresas como Inditex, FerroAtlántica, Bonilla a la Vista, Dielectro, Leyma, Teais, Horta Coslada ou o Grupo Voz.
Conta ademais con servizo de ITV e un encoro que dá servizo á central de ciclo combinado que Gas Natural Fenosa ten instalada para fornecer de enerxía eléctrica á zona.
Ao norte do mesmo comezouse a construír, logo da catástrofe ecolóxica provocada polo afundimento do Prestige, o Porto Exterior da Coruña, que -ademais de servir como porto refuxio para grandes embarcacións- se espera que se complemente coa actividade industrial desenvolvida neste polígono.
En 1990 constituíuse a Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón-Arteixo.[2]
Na actualidade está ao límite da súa capacidade[1] e a súa proximidade a núcleos urbanos en expansión fixo que se considerase a opción de construír un novo polígono na zona de Morás, o Polígono industrial de Morás a escasa distancia. Porén, a crise económica de 2008-2013 fixo que se adiara a estrea deste novo polígono,[3] que se había de sumar ás sinerxías resultantes da construción no novo gran porto a carón da zona industrial de Sabón.
Accesos
[editar | editar a fonte]Estradas e autoestradas
[editar | editar a fonte]- AC-415. Antiga estrada Coruña - Fisterra por Meicende.
- AC-551. Conflúen as seguintes autoestradas:
- AC-552, practicamente convertida nunha longa travesía urbana que o comunica coa capital municipal polo oeste e con Vilarrodís e a cidade da Coruña evitando o pago da peaxe da autoestrada.
- DP-0514. Estrada Arteixo - Caión
Portuarios
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 "Polígono industrial de Sabón, Arteixo, ( A Coruña)". www.ingestin.com. Consultado o 2016-08-26.
- ↑ "CEPE-SI. Polígono de Sabón – A Asociación". poligonosabon.org. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2017. Consultado o 2017-05-04.
- ↑ Coruña, La Opinión de A. "La Xunta reactiva el polígono de Morás y el vial a Lorbé en su último año de mandato". Consultado o 2016-08-26.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Dielectro Industrial
- Etiem Textil SL
- Sede central de Inditex
- Aeroxerador de Inditex
- Sede central do Grupo Voz
- Fábrica de patacas fritas e chocolates Bonilla a la Vista
- Factoría de lácteos Leyma
- Pinturas Teais
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ingestin Real Estate
- Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de SabónArquivado 05 de novembro de 2016 en Wayback Machine.