Corporación Voz de Galicia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
| Corporación Voz de Galicia | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
A Corporación Voz de Galicia (anteriormente, Grupo Voz), é o principal grupo galego de medios de comunicación, cunha audiencia diaria que excede o millón de persoas. O primeiro presidente da Corporación Voz e editor honorario de La Voz de Galicia, Santiago Rey Fernández-Latorre, faleceu o 28 de agosto do 2024,[1] nomeando herdeira do grupo de empresas á Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre[2]. Segundo as súas disposicións testamentarias, a Fundación presidida por Lois Blanco Penas (1968, Melide, A Coruña) é a encargada de dar continuidade ao legado empresarial e editorial da Voz. A sucesión completouse en outubro do 2024 cando os órganos de goberno da Corporación Voz de Galicia designaron a Lois Blanco novo presidente do grupo.
Compoñentes
[editar | editar a fonte]O diario La Voz de Galicia, fundado en 1882, constitúe o xerme da Corporación Voz de Galicia. A división de prensa está formada por La Voz de Galicia, terceiro diario de España en audiencia e líder na comunidade galega[3] tanto na súa edición impresa como en liña, e o dixital La Voz de Asturias.[4] Na división de radio, a Corporación Voz de Galicia aposta pola proximidade ao oínte a través das emisoras de RadioVoz. Pola súa banda, Voz Audiovisual consolidouse como unha das produtoras máis activas no panorama audiovisual español.
Creada en 1991 dentro da Corporación Voz de Galicia, a empresa de demoscopia Sondaxe analiza a realidade social a través de enquisas, estudos de mercado e demais investigacións sociolóxicas. En 1999 ponse en marcha Canal Voz, unha sociedade de contidos dixitais.
A Corporación Voz de Galicia tamén conta con outras empresas de servizos como Distribuidora Galega de Publicacións e Galicia Editorial,[5] a planta de impresión con maior capacidade da comunidade onde se imprime La Voz de Galicia así como outros diarios e produtos editoriais.
A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre[6] foi constituída o 7 de novembro de 1997 e refundada en 2001 para dar continuidade á propiedade e á liña editorial de La Voz de Galicia e do seu grupo de empresas de comunicación. Segundo recollen os seus estatutos, o seu obxectivo é “fomentar o coñecemento e difusión da cultura, especialmente a través dos medios de comunicación en calquera dos seus soportes, e contribuír ao estudo, investigación, defensa e creación de medios de comunicación en Galicia”.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Muere Santiago Rey Fernández-Latorre, un editor para hacer grande a Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-08-29. Consultado o 2024-10-28.
- ↑ "La Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre hereda la Corporación Voz de Galicia". fundacionsantiagoreyfernandezlatorre.es (en castelán). Consultado o 2024-10-28.
- ↑ "La Voz incrementa su influencia en Galicia y alcanza el 63 % de cuota de mercado". corporacionvoz.es (en castelán). Consultado o 2024-10-28.
- ↑ "Últimas noticias sobre Portada. La Voz de Asturias". La Voz de Asturias (en castelán). Consultado o 2025-12-31.
- ↑ "Galicia Editorial". galiciaeditorial.com. Consultado o 2025-12-31.
- ↑ "Fundación Santiago Rey Fernandez-Latorre". fundacionsantiagoreyfernandezlatorre.es. Consultado o 2025-12-31.