RadioVoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
La Voz de Galicia e RadioVoz en Vigo

RadioVoz é unha rede de emisoras radiofónicas pertencente ao Grupo Voz, durante algúns anos con emisión nacional, que actualmente só emite de xeito independente en Galicia. Iniciou as súas emisións nacionais o 12 de decembro de 1994. Foi considerada como herdeira da poucos meses antes desaparecida Antena 3 Radio, pola incorporación dalgúns locutores saíntes da citada emisora, como Carlos Pumares, Miguel Ángel García-Juez ou José Luis Balbín. Porén, estes, aínda que admitindo o paralelismo, rexeitaban o atadallo entre Antena 3 e RadioVoz.[Cómpre referencia]

Historia[editar | editar a fonte]

Inicialmente, RadioVoz emitía unicamente en Galicia e cedía as súas frecuencias a Antena 3 Radio, antes de que PRISA entrara nesta emisora. Despois, acadaron un convenio coa Cadena COPE polo cal cedían as súas frecuencias a cambio de emitir dez horas diarias da programación desta cadea. O 1 de decembro de 1994, rescindido este contrato, decidiuse comezar emisións de seu e dar o salto ao resto de España.

O 12 de decembro de 1994, RadioVoz iniciaba as súas emisións en Galicia, Madrid e Palma, pero co obxectivo de chegar en dous anos, polo menos, a cincuenta cidades españolas. A programación inaugural contaba con información local e cos programas La voz de la mañana con Carlos Alsina, De viva voz con Miguel Ángel García-Juez (que nos seus faladoiros contaba coa participación de Luis Carandell, Alfonso Ortuño, Carlos Pumares, Luis Ángel de la Viuda, Marisol Galdón, Ana Rosa Quintana e a condesa de Siruela), La voz de... con José Luis Balbín e La voz de las estrellas con Carlos Pumares.

Deportes[editar | editar a fonte]

Os deportes en RadioVoz foron o inicio da carreira de profesionais desa área; con Andrés Montes de locutor dos programas de información deportiva, RadioVoz deu unha oportunidade a unha nova xeración de xornalistas. Teo Pereiro (Telemadrid) Miguel Ángel Méndez (Radio Marca) ou José Luis Corrochano (Onda Cero) son algúns dos profesionais que iniciaron a súa carreira na emisora, onde puideron compartir aprendizaxe grazas ao mencionado Andrés Montes, Ernesto López Feito, Eduardo Torrico ou, máis adelante, Gaspar Rosety.

RadioVoz contou con varios directores xerais. O primeiro foi Bieito Rubido, posteriormente substituído por Alfonso Caballé, que cedeu a testemuña a Antón Losada Trabada.

Fusión con Onda Cero[editar | editar a fonte]

En 1999, RadioVoz fusionouse con Onda Cero, pasando dende entón as emisoras localizadas fóra de Galicia a propiedade e emisión de Onda Cero, e incorporando algúns dos seus programas e locutores á mesma. Causou especial polémica durante o proceso de fusión a supresión do programa "La radio de Julia" de Onda Cero, presentado por Julia Otero, que foi substituído polo programa procedente de RadioVoz "La canción del verano" de José Ramón Pardo, o que motivou centos de chamadas de protesta ao programa e á emisora.[Cómpre referencia]

Plano empresarial[editar | editar a fonte]

En Galicia, trala fusión, continuou emitindo co nome de RadioVoz, emitindo programación local e conectando coa programación de Onda Cero.

RadioVoz pertence a Medios Audiovisuales de Galicia S.L., que está participada por: Corporación Voz de Galicia, 67%; Corporación Caixa Galicia, 18%, e Arnela Capital Privado 15%.[Cómpre referencia]

Frecuencias[editar | editar a fonte]

Provincia da Coruña
  • A Coruña: 92.6 FM (identifícase como RadioVoz A Coruña)
  • A Pobra do Caramiñal: 107.5 FM (Emisora municipal da Pobra que reemite a programación do 88.8 FM de RadioVoz Barbanza)
  • Carballo: 99.8 FM (identifícase como RadioVoz Bergantiños)
  • Cee: 94.2 FM (identifícase como RadioVoz Bergantiños)
  • Ferrol: 105.4 FM (identifícase como RadioVoz Ferrol)
  • Muros: 97.3 FM (identifícase como RadioVoz Barbanza)
  • Porto do Son: 88.8 FM (identifícase como RadioVoz Barbanza)
  • Santiago de Compostela: 106.1 FM (identifícase como RadioVoz Compostela)
  • Vimianzo: 99.5 FM (identifícase como RadioVoz Bergantiños)
Provincia de Lugo
  • Chantada: 90.4 FM (identifícase como RadioVoz Lugo)
  • Lugo: 105.6 FM (identifícase como RadioVoz Lugo)
  • Monforte de Lemos: 87.8 FM (identifícase como RadioVoz Lugo)
  • Ribadeo: 102.3 FM (identifícase como RadioVoz A Mariña)
  • Sarria: 98.1 FM (identifícase como RadioVoz Lugo)
  • Vilalba: 103.0 FM (identifícase como RadioVoz Lugo)
  • Viveiro: 88.5 FM (identifícase como RadioVoz A Mariña)
Provincia de Ourense
  • O Barco de Valdeorras: 97.9 FM (identifícase como RadioVoz Valdeorras)
  • Ourense: 101.4 FM (identifícase como RadioVoz Ourense)
  • Verín: 95.8 FM (identifícase como RadioVoz Ourense)
  • Xinzo de Limia: 96.9 FM (identifícase como RadioVoz Ourense)
Provincia de Pontevedra
  • Lalín: 94.8 FM (identifícase como RadioVoz Lalín)
  • Ponteareas: 101.6 FM (identifícase como RadioVoz Vigo)
  • Pontevedra: 93.1 FM (identifícase como RadioVoz Pontevedra)
  • Vigo: 103.8 FM (identifícase como RadioVoz Vigo)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]