Real Academia Española
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Real Academia Española | |
---|---|
Tipo | regulador lingüístico, academia nacional e organización |
Data de fundación | 1713 |
Fundador(es) | Filipe V de España e Duque de Escalona |
Premios | Premio Príncipe de Asturias da Concordia |
Sede | Madrid e Real Academia Española headquarters |
País | España |
40°24′54″N 3°41′27″O / 40.41502, -3.69091 | |
Na rede | |
https://www.rae.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Real Academia Española (RAE) é o organismo responsable de resgarda-lo bo uso da lingua española. A súa sede está en Madrid (España), pero ten afiliacións coas academias nacionais de 21 países castelanfalantes. O seu director é Santiago Muñoz Machado[1].
Historia
[editar | editar a fonte]O seu emblema está formado por un crisol ó lume. Acompáñao a lenda «Limpa, fixa e dá esplendor». O obxectivo era fixa-lo idioma no estado de plenitude que alcanzara durante o século XVI e que se consolidara no XVII.
A Real Academia Española foi fundada en 1713 por iniciativa de Juan Manuel Fernández Pacheco, marqués de Villena e duque de Escalona, co propósito de «fixa-las voces e vocábulos da lingua castelá na súa maior propiedade, elegancia e pureza».
Tomaron como modelo para a súa creación á Accademia della Crusca italiana (1582) e á Académie française (1635). A súa creación foi aprobada o 3 de outubro de 1714 por Real Cédula de Filipe V, quen a acolleu baixo o seu «amparo e Real Protección». Ó longo da súa historia estivo integrada case exclusivamente por homes, ata o nomeamento de Carmen Conde en 1978, de Elena Quiroga en 1983 e de Ana María Matute en 1995.
Dende 1870 establécense en América e en Filipinas academias correspondentes da lingua española. Estas na actualidade teñen o mesmo rango e condicións cá RAE. Xunto á Asociación de Academias de la Lengua Española, á que pertencen, foron galardoadas co Premio Príncipe de Asturias da Concordia en 2000.
O 20 de outubro de 1993 constituíuse a Fundación Pro Real Academia Española, entidade que ten como finalidade achegar recursos económicos para o financiamento das empresas da Academia. Está rexida por un padroado do que ostenta a presidencia de honor o rei Xoán Carlos I, a presidencia o gobernador do Banco de España e a vicepresidencia o director da Real Academia Española. As vogalías osténtanas outros académicos, os presidentes das comunidades autónomas e de empresas privadas, como socios fundadores.
A Fundación está aberta á participación de particulares mediante a correspondente cota económica, membros benfeitores, e entre as actividades subvencionadas atópanse a realización do banco de datos, o Diccionario del estudiante, o Diccionario panhispánico de dudas e outras obras en proxecto ou desenvolvemento coma a Gramática normativa.
Funcións
[editar | editar a fonte]O artigo primeiro dos estatutos da RAE di:
- «[...] ten como misión principal velar por que as mudanzas que experimente a lingua española na súa constante adaptación ás necesidades dos seus falantes non creben a esencial unidade que mantén en todo o ámbito hispánico. Debe coidar igualmente de que esta evolución conserve o xenio propio da lingua, tal como foi consolidándose co correr dos séculos, así coma de establecer e difundi-los criterios de propiedade e corrección, e de contribuír ó seu esplendor. Para alcanzar ditos fins, estudará e impulsará os estudos sobre a historia e sobre o presente do español, divulgará os escritos literarios, especialmente clásicos, e non literarios, que xulgue importantes para o coñecemento de tales cuestións, e procurará manter vivo a lembranza de quen, en España ou en América, cultivaron con gloria a lingua española. Coma membro da Asociación de Academias de la Lengua Española, manterá especial relación coas Academias Correspondentes e Asociadas.»
A RAE é considerada frecuentemente coma unha organización conservadora, pois entre as súas metas está a preservación da lingua española. Porén caracterízase así mesmo por exercer unha influencia progresista, ó se esforzar en mante-la linguaxe formal en sintonía coa actualidade. Un exemplo disto último aconteceu en 1994 cando ditaminou que os dígrafos ch e ll (que a academia consideraba letras por unha tradición que se remontaba a Nebrija) serían alfabetizadas xunto co c e o l e non como letras separadas, coma no pasado. A RAE segue un proceso formal para a admisión de novas palabras.
Organización e operación
[editar | editar a fonte]Segundo os seus estatutos a RAE está composta por:
- Académicos de número (46 en total)
- Académicos correspondentes españois (ata un máximo de 60)
- Académicos correspondentes estranxeiros
- Académicos de número das academias americanas (que por dereito son académicos correspondentes)
- Académicos honorarios
Unha xunta de goberno rexe a Academia e supervisa tódolos asuntos relativos á súa boa operación, tanto no relacionado co seu funcionamento interno coma coas súas relacións cos organismos do estado, e as demais Academias. Esta xunta é presidida polo director da Academia e está constituída polo vicedirector, o secretario, o censor, o bibliotecario, o tesoureiro, o vicesecretario e dous vogais adxuntos. Todos estes cargos son electivos e, a excepción dos vogais, que se elixen cada dous anos, pódese exercer durante catro anos, prorrogables só unha vez.
A Academia funciona en Pleno e en Comisións que se reúnen semanalmente. As Comisións teñen a misión de elabora-las propostas que posteriormente examinará o Pleno para decidir sobre a súa aprobación. Na actualidade existen as seguintes comisións: Delegada do Pleno, de Dicionario usual, de Dicionario histórico, de Gramática, de Información lingüística, de Vocabulario científico e técnico, de Ciencias humanas, de Publicacións e de Premios. Ademais, existe unha Comisión encargada da conservación da casa do Museo de Lope de Vega.
O Pleno, formado por tódolos académicos, reúnese durante o curso académico os xoves pola tarde. Unha vez aprobada as actas da sesión anterior e de debater calquera tema xeral, os asistentes presentan emendas e adicións ó Dicionario. Acto seguido examínanse as propostas formuladas polas diversas Comisións. As resolucións, no caso de que se produza disparidade de criterio, adóptanse mediante votación.
Ó servizo dos traballos que a Academia desenvolve en pleno ou en comisións, funciona o Instituto de Lexicografía, integrado por filólogos e lexicógrafos que realizan as tarefas de apoio para a elaboración dos dicionarios académicos.
Académicos de número
[editar | editar a fonte]Os membros da Academia son elixidos de por vida polo resto dos académicos e coñéceselles coma Inmortais. Cada académico ten unha cadeira de brazos asignado á súa persoa, e distinguido cunha letra do alfabeto (tanto maiúsculas coma minúsculas). Os académicos de número son, por orde de ingreso:
- (H) Martín de Riquer Morera, conde de Casa Dávalos (1965)
- (g) Antonio Colino López (1972)
- (M) Carlos Bousoño Prieto (1980)
- (A) Manuel Seco Reymundo (1980)
- (Z) Francisco Ayala y García Duarte (1984)
- (n) Valentín García Yebra (1985)
- (O) Pere Gimferrer Torrens (1985)
- (q) Gregorio Salvador Caja (1987)
- (p) Francisco Rico Manrique (1987)
- (r) Antonio Mingote Barrachina (1988)
- (s) José Luis Pinillos Díaz (1988)
- (J) Francisco Morales Nieva (1990)
- (d) Francisco Rodríguez Adrados (1991)
- (F) José Luis Sampedro Sáez (1991)
- (c) Víctor García de la Concha (1992)
- (U) Eduardo García de Enterría y Martínez-Carande (1994)
- (l) Emilio Lledó Íñigo (1994)
- (C) Luis Goytisolo Gay (1995)
- (L) Mario Vargas Llosa (1996)
- (b) Eliseo Álvarez-Arenas Pacheco (1996)
- (u) Antonio Muñoz Molina (1996)
- (P) Ángel González Muñiz (1997)
- (V) Juan Luis Cebrián (1997)
- (t) Ignacio Bosque Muñoz (1997)
- (K) Ana María Matute (1998)
- (ñ) Luis María Anson Oliart (1998)
- (B) Fernando Fernán Gómez (2000)
- (I) Luis Mateo Díez (2001)
- (N) Guillermo Rojo (2001)
- (k) José Antonio Pascual (2002)
- (E) María del Carmen Iglesias Cano (2002)
- (m) Claudio Guillén (2003)
- (f) Luis Ángel Rojo (2003)
- (i) Margarita Salas Falgueras (2003)
- (T) Arturo Pérez-Reverte (2003)
- (G) José Manuel Sánchez Ron (2003)
- (Q) Carlos Castilla del Pino (2004)
- (j) Álvaro Pombo y García de los Ríos (2004)
- (D) Darío Villanueva Prieto (2007)
Histórico de académicos de número galegos
[editar | editar a fonte]- Juan Armada Losada
- Ramón Cabanillas
- Joaquín Calvo Sotelo
- José Canalejas Méndez
- Camilo José Cela
- Miguel Colmeiro
- Armando Cotarelo Valledor
- Nicomedes Pastor Díaz
- Leopoldo Eijo Garay
- Rafael Estrada Arnáiz
- Wenceslao Fernández Flórez
- Andrés González Barcia Carballido y Zúñiga
- Augusto González Besada
- Manuel Linares Rivas
- Salvador de Madariaga
- Ramón Menéndez Pidal
- José María Merino
- Eugenio Montes
- Cándido Nocedal
- Elena Quiroga
- José Rodríguez Carracido
- Juan Rof Carballo
- Guillermo Rojo
- Francisco Javier Sánchez Cantón
- Manuel de Saralegui y Medina
- José B. Terceiro Lomba
- Gonzalo Torrente Ballester
- Darío Villanueva
Histórico de académicos correspondentes galegos
[editar | editar a fonte]- Ángel Amor Ruibal
- Erasmo Buceta
- Salvador Cabeza de León
- Eugenio Carré Aldao
- Narciso Correal
- José Fernando Filgueira Valverde
- Dionisio Gamallo
- Constantino García
- Victoriano García Martí
- Luis Iglesias Feijoo
- Manuel Lago González
- Gumersindo Laverde Ruiz
- Pedro Lemus y Rubio
- Marcelo Macías
- Andrés Martínez Salazar
- Gaspar Massó García
- Enrique Moreno Báez
- Ramón Otero Pedrayo
- Jesús Pena Seijas
- José Luis Pensado
- José Ignacio Pérez Pascual
- Salustiano Portela Pazos
- Álvaro Porto Dapena
- Juan Antonio Saco y Arce
- Marcial Valladares
- José Luis Varela Iglesias
Principais publicacións
[editar | editar a fonte]Entre as súas principais publicacións destacan:
- Diccionario de Autoridades (Dicionario da lingua castelá, no que se explica o verdadeiro sentido das voces, a súa natureza e calidade, coas frases ou motivos de falar, os proverbios ou refráns e outras cosas convenientes do uso da lingua, 1726-1793, en 6 volumes)
- Diccionario de la lengua española (1ª edición 1780, 21ª edición 1992, 22ª edición 2001)
- Ortografía de la lengua española (1ª edición 1741). A edición máis recente é a de 1999, elaborada entre a RAE e as academias correspondentes, polo cal é considerada unha ortografía panhispánica. Substitúe ás Novas normas de prosodia e ortografía de 1959.
- Gramática de la lengua española (1ª edición 1771). A súa revisión máis recente é Esbozo de una nueva gramática de la lengua española (1973), aínda que a Academia publicou tamén unha gramática de autor, non propiamente institucional: a de Emilio Alarcos (1994). Existe na actualidade un proxecto entre a RAE e as academias correspondentes en redactar unha nova gramática.
- Boletín de la Real Academia Española (dende 1914)
- Diccionario manual e ilustrado de la lengua española (1ª edición 1927, 4ª edición 1989)
- Diccionario histórico de la lengua española (primeiro volume 1933, incompleto)
- Diccionario escolar de la RAE (1ª edición 1996, 2ª edición 1997)
- Diccionario panhispánico de dudas. Elaborado entre a RAE e as academias correspondentes (1ª edición 2005).
Notas
- ↑ Miguel Ángel Villena (21 de decembro de 2018). "Los académicos se fiaron más de Muñoz Machado que de Cebrián para dirigir la RAE". eldiario.es (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Real Academia Española |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aparisi, Luis M. (2016). Gallegos en la Real Academia Española (PDF) (en castelán). Asociación Cultural da Vieira.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web da Real Academia Española (en castelán)
- Edicións dixitais de varias obras da RAE. Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Clásicos na Biblioteca Nacional. Ministerio de Cultura.