Juan Luis Cebrián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cebrián (dereita) no evento Global Governance, Cidade de México.

Juan Luis Cebrián Echarri, nado en Madrid o 30 de outubro de 1944, é un xornalista, escritor e empresario español. Dende 1997, é académico da Real Academia Española.

Cursou estudos de humanidades na Universidade Complutense de Madrid e graduouse na Escola Oficial de Xornalismo de España en 1963, ós 19 anos. Entrou a traballar como redactor xefe en Pueblo, o diario vespertino do Movimiento que dirixía o íntimo amigo do seu pai Emilio Romero. Tras ocupar o cargo de subdirector en Pueblo, pasou a Informaciones. Tamén participou na fundación da revista Cuadernos para el diálogo en 1963. En 1974, foi nomeado xefe dos servizos informativos de RTVE polo último goberno da ditadura franquista.

Foi director-fundador do diario El País, que dirixiu dende 1976 até novembro de 1988. De 1986 a 1988 desempeñou o posto de presidente do Instituto Internacional de Prensa (IPI). En novembro de 1988, deixou a dirección do diario para facerse cargo da súa empresa. Dende entón, é conselleiro delegado do Grupo PRISA e do propio xornal, vicepresidente da Sociedade Española de Radiodifusión e de Prisa TV, empresa da que foi conselleiro delegado dende a súa fundación (1989) até 1999. No 2008, asumiu o cargo de presidente executivo do grupo. Tamén é membro do Grupo Bidelberg.[1][2][3] En abril de 2011, asumiu como presidente executivo e delegado da área de prensa e conselleiro delegado do País.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sáenz de Santamaría participará el domingo en el Club Bilderberg". Público. EFE. 31 de maio de 2012. Consultado o 11 de xuño de 2012. Según fuentes de la organización, hay otros tres españoles en la lista de invitados: el comisario europeo de Competencia, Joaquín Almunia; y los consejeros delegados de Caixabank, Juan María Nin, y de Prisa, Juan Luis Cebrián. 
  2. Chicote, Javier (2 de xuño de 2012). "Club Bilderberg: más de medio siglo reuniendo a la élite de Occidente". ABC. Consultado o 11 de xuño de 2012. Entre los asistentes españoles encontramos a la Reina Doña Sofía, Ana Patricia Botín, Dolores de Cospedal, Joaquín Almunia, Pedro Solbes, Loyola de Palacio, Juan Luis Cebrián o José Manuel Entrecanales, entre otros. 
  3. "ESPAÑOLES en BILDERBERG 2004: Juan Luis Cebrián, Eduardo Serra y Matías Rodríguez Inciarte". Solidaridad.net. Consultado o 27 de abril de 2016. 
  4. El País (12 de abril de 2011). "Cebrián presidirá EL PAÍS y Sainz se incorpora como consejero delegado". Consultado o 12 de abril de 2011.