Luis María Anson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuis María Anson

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1935 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Q50288440 Traducir
xaneiro de 1979 – marzo de 1983 – Luis Apostua (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónColegio Nuestra Señora del Pilar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsRafael Ansón (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1747309 Dialnet: 543843 Editar o valor em Wikidata

Luís María Anson Oliart,[1] nado en Madrid o 8 de febreiro de 1935, é un político, xornalista e escritor español. É membro da Real Academia Española. Presidiu a axencia EFE entre 1976 e 1983 e dirixiu o diario ABC entre 1983 e 1997. Fundou o diario La Razón en 1998. En 2008 fundou o diario dixital El Imparcial.[2] A ideoloxía de Ansón oscila entre unha fidelidade histórica á monarquía e un liberalismo conservador.[3] Presidiu o concurso Miss España.[4] Preside o suplemento El Cultural do diario El Mundo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Luís María Anson (inicialmente tiña acento no "o", ata que o xornalista o mudou), estudou no Colexio Nuestra Señora del Pilar de Madrid. En 1954 ingresou na Escola Oficial de Xornalismo, aínda que xa entrara o ano anterior no diario ABC e no mesmo ano en que ingresou na Escola Oficial de Xornalismo xa era colaborador habitual. Casou en 1967 con Beatriz de Balmaseda e Arias-Dávila, filla do marqués de Casasola.[5] O matrimonio ten tres fillas: Leticia, Marta e Beatriz. En xullo de 1966, a publicación do seu artigo titulado "A Monarquía de todos", tivo como consecuencia o secuestro do diario ABC, por parte das autoridades franquistas. Partiu ao exilio un ano como correspondente en Hong-Kong.[6] É irmán do empresario Rafael Anson Oliart e do escritor Francisco Anson Oliart.[7]

Xornalista[editar | editar a fonte]

Foi redactor, xefe de sección, xefe de redacción e subdirector do ABC, así como director do número dominical. En 1957 foi nomeado conselleiro de redacción da revista Reino. Foi membro do Consello Privado do Conde de Barcelona (Juan de Borbón) e secretario de Información do seu Secretariado Político, até a disolución de ambos os organismos o 29 de xullo de 1969. Foi profesor da Escola Oficial de Xornalismo de Madrid. En xaneiro de 1970 foi nomeado subdirector da mesma. En setembro de 1971 foi nomeado subdirector de ABC para as páxinas de ocogravado. Até entón, exercía como redactor xefe do suplemento semanal Los Domingos de ABC.

En 1975 foi director de Blanco y Negro e en 1976 de Gaceta Ilustrada. En 1976 sucedeu a Manuel Aznar Zubigaray no Consello de Dirección de La Vanguardia. Máis tarde, o 28 de setembro de 1976, foi designado Presidente da Axencia EFE, cargo que ocupou até xaneiro de 1983.

O 13 de xaneiro de 1983 o Consello Administrativo de Prensa Española, empresa editora do diario ABC, nomeouno director do xornal en substitución de Guillermo Luca de Tena, que pasou a ser editor do mesmo. Neste posto modernizou o por entón anquilosado xornal.

En setembro de 1996 aceptou unha oferta do grupo mexicano Televisa para encargarse do seu proxecto de televisión dixital; e o 28 de novembro subscribiu en nome desta compañía un acordo con Telefónica, TV3, Antena 3 TV, Canal 9, TVGa e Telemadrid para a difusión dos servizos de televisión dixital en España. O 13 de xuño de 1997 abandonou a dirección do xornal ABC despois de catorce anos para ser presidente de Televisa España, vicepresidente do grupo Internacional Televisa e membro do seu Consello.

Electo en 1996, a comezos de 1998 ingresou como académico na Real Academia Española, apadriñado por Fernando Lázaro Carreter.

En xuño do mesmo ano decidiu participar na fundación dun novo diario nacional co nome La Razón, proxecto que, en xullo, fusiónase con outro similar promovido polo Grupo Z. En outubro asume o cargo de Presidente do Consello de Dirección de La Razón e deixa a Presidencia de Televisa España, aínda que continúa como membro do Consello de Administración de Televisa. La Razón sae á rúa o 5 de novembro de 1998, defendendo na súa liña editorial a monarquía e a unidade de España, cunha orientación moi conservadora especialmente dirixida ao ámbito da cultura. Neste xornal escribiu a columna denominada "Canela fina" ata que se despediu do mesmo en 2005 para dirixir o suplemento El Cultural que se distribúe co xornal El Mundo, no que continúa escribindo a súa columna. El suplemento cultural de El Mundo, desde o 14 de xaneiro de 2022, é "La Lectura de El Mundo" que, desde o seu primeiro número vén aparecendo sen colaboracións de Anson.

A finais de 2007 funda e preside, en colaboración coa Fundación Ortega y Gasset-Gregorio Marañón, o xornal dixital El Imparcial, que naceu en Internet o 21 de xaneiro de 2008.

Ansón é o xornalista en activo con máis anos de traxectoria profesional en España, máis de 65 anos (1957-2023), seguido do tamén académico RAE Juan Luís Cebrián, con máis de 60 anos ininterrompidos (1963-2023).

Distincións e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Entre outros, Luís María Ansón recibiu os seguintes premios e recoñecementos:[8]

  • Medalla de Ouro da Fundación García Cabrerizo
  • Premio Nacional de Comunicación José Pagés Llergo (México, 2016)
  • Antenas de Oro (1996, 2011 e 2015)
  • Premio Nacional de Xornalismo Miguel Delibes (2009)
  • Gran Cruz Europea de Ouro (1997)
  • Medalla de Ouro da cidade de Oviedo (1996)
  • Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades (1991)[9]
  • Medalla de Honra ao Fomento da Invención (1991)
  • Medalla de Ouro da Asociación da Prensa de Madrid (1999)
  • Personalidade do Ano en Francia (1989)
  • Premio Nacional de Xornalismo (1980)
  • Premio González-Ruano de xornalismo (1977)
  • Premio Víctor da Serna da Asociación da Prensa de Madrid (1974)
  • Premio Asociación da Prensa de Madrid ao Mellor Xornalista do Ano (1974).
  • Premio Mariano de Cavia (1964)
  • Premio Luca de Tena (1960) por un traballo sobre a catástrofe de Agadir.
  • Doutor honoris causa polas universidades de México, Lisboa e Universidade Nacional de Educación a Distancia (2022).[10]
  • É membro de honra da Real Academia de Doutores (1995).
  • É membro correspondente por España na Real Academia Portuguesa de Historia (1997, con ingreso en 2004).

Obra[editar | editar a fonte]

A obra de Ansón foi amplamente comentada polo crítico literario Fernández Candea, sendo valorada á altura dos traballos de J. Moll e J. Vila.[11]

  • La monarquía, hoy (1957). Unión Distribuidora Ed.
  • La hora de la monarquía (1958). Editorial Círculo.
  • Acción española (1960). Ed. Círculo.
  • El Gengis Kan Rojo (1960). Prensa Española.
  • Maurras, razón y fe (1960). Editorial Círculo.
  • Sobre la creación poética (1962). Editorial Círculo.
  • El grito de Occidente (1965). Revista de Occidente. 271 páxs.
  • El grito de Oriente (1965). Revista de Occidente. 276 páxs. ISBN 978-84-292-9403-3.
  • La negritud (1971). Revista de Occidente. 299 páxs. ISBN 978-84-292-9409-5.
  • Don Juan (1994). Barcelona: Plaza y Janés. ISBN 978-84-01-37528-6. 480 páxs.
  • Antología de las mejores poesías de amor de la lengua española (2001). Nuevas Ediciones de Bolsillo. ISBN 978-84-8450-433-7. 640 páxs.
  • Don Juan de Borbón (2003). Plaza & Janés Editores. 488 páxs. ISBN 978-84-01-33510-5.
  • Los Borbones. Imágenes para la historia de una familia real (2007). La Esfera de los Libros. 224 páxs. ISBN 978-84-9734-679-5.
  • Antología de las mejores poesías de amor en lengua castellana (2020). La Esfera de los Libros. 576 páxs. ISBN 978-84-9164-911-3.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O xornalista prefires se chamado Anson, por se apelido de orixe inglés.
  2. Redacción. "Sección Quienes somos en el El Imparcial". El Imparcial (Madrid). Consultado o 29 de maio de 2022. 
  3. "Opiniones de Luis María Anson". Arquivado dende o orixinal o 29 de noviembre de 2011. Consultado o 1 de junio de 2012. 
  4. Redacción. "Una canaria elegida Miss España 1992". ABC. Madrid. p. 111. Consultado o 12 de marzo de 2013. 
  5. "España:Boda de Luis María Anson". Servicios de la Agencia EFE (Madrid). 11 de xaneiro de 1967. Consultado o 29 de maio de 2022. 
  6. Redacción (21 de xullo de 2016). "Franco ordenó el secuestro de «ABC» por un artículo de Anson". Madrid. Consultado o 5 de dicembro de 2018. 
  7. Ansón Oliart, Francisco (2009). "Los muertos por la Inquisición española" (PDF): 48. ISBN 978-84-92814-07-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2012. Consultado o 29 de maio de 2022. 
  8. Redacción (2 de novembro de 2011). "Luis María Anson, ingresado en un hospital madrileño". La Razón (Madrid). Consultado o 29 de maio de 2022. 
  9. Fundación Princesa de Asturias (2022). "Luis María Anson: Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades 1991". Oviedo. Consultado o 29 de maio de 2022. 
  10. Gil, Óscar (27 de maio de 2022). "Luis María Anson, Doctor Honoris Causa por la Universidad a Distancia de Madrid". El Cultural - El Español (Madrid). Consultado o 29 de maio de 2022. 
  11. Fernández Candela, Ignacio (23 de xaneiro de 2018). "Carta a Anson: Siempre adulas al partido en el poder para asegurarte las ganancias". Rambla Libre. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2018. Consultado o 29 de mao de 2022.