José Luis Varela Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medalla de Galiza.svg

José Luis Varela Iglesias, nado en Ourense o 10 de xuño de 1924, é un profesor e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato en Ourense, onde fundou e dirixiu a revista literaria Posío. Foi discípulo de Vicente Risco. Estudou Letras na Universidade de Santiago de Compostela, que acabou en Madrid en 1946. É doutor en Filoloxía Románica pola Universidade Complutense de Madrid (1948) e pola de Colonia (1956) e Doutor Honoris Causa pola Universidade Nacional del Sur (Arxentina, 1997).

Foi catedrático de Literatura Española en La Laguna, Valladolid e Madrid, decano de Filosofía e Letras en La Laguna, de Ciencias da Información en Madrid, secretario xeral da Universidade Internacional de Canarias (As Palmas), vicerreitor da Universidade Complutense (Madrid), Gastprofessor das Universidades de Colonia, Innsbruck e Salzburg e visiting professor (California, Virxinia e Texas). Foi lector de español na Universidade de Colonia e secretario xeral do Instituto de España en Munich (1956-1957). É catedrático emérito da Universidade Complutense de Madrid (desde 1989) e catedrático da University of Texas en Austin (desde 1990).

Obras[editar | editar a fonte]

  • Ensayos de poesía indígena en Cuba, 1951.
  • Vossler y la ciencia literaria, 1955.
  • Poesía y restauración cultural de Galicia en el siglo XIX, 1958.
  • La palabra y la llama, 1967.
  • La transfiguración literaria, 1970.
  • Larra y España, 1983.
  • Tradición e innovación en Cunqueiro, 1992.
  • A literatura do exilio galego en América, 1995 (editor).

Premios[editar | editar a fonte]

Medalla de Prata de Galicia en 2001.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]