Margarita Salas
Margarita Salas Falgueras, nada en Caneiru (Valdés) o 30 de novembro de 1938 e finada en Madrid o 7 de novembro de 2019[1][2], foi unha bioquímica asturiana.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade Complutense de Madrid, publicou máis de 200 traballos científicos. Foi discípula de Severo Ochoa, co que traballou nos Estados Unidos, despois de facelo con Alberto Sols en Madrid. Casada co tamén científico Eladio Viñuela, xuntos encargáronse de impulsar a investigación española no campo da bioquímica e da bioloxía molecular.
Pertenceu a varias das máis prestixiosas sociedades e institutos científicos nacionais e internacionais, colaborando e sendo membro do consello editorial de importantes publicacións científicas. Obtivo diferentes galardóns, sendo nomeada "Investigadora Europea" en 1999 pola UNESCO, e recibiu o premio Xaime I de investigación en 1994. Foi directora do Instituto de España (1995-2003), organismo que agrupa á totalidade das Reais Academias Españolas.
Investigou no Centro de Bioloxía Molecular "Severo Ochoa", centro de investigación mixto do CSIC e da Universidade Autónoma de Madrid, traballou dende finais dos 1960 co virus bacteriófago Phi29, que infecta unha bacteria non patóxena, Bacillus subtilis, de grande utilidade na investigación en biotecnoloxía.[4]
Foi membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais (dende 1988) e presidenta da Fundación Severo Ochoa. O 4 de xuño de 2003 tomou posesión da cadeira i da Real Academia Española, sendo a primeira muller científica en ingresar nesta institución.[5]
En maio de 2007 foi nomeada membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos, sendo a primeira muller española da institución.
En xullo de 2008, polo Real Decreto 1175/2008, BOE do 12 de xullo, o rei Xoán Carlos I nomeouna Marquesa de Canero.
No 2019, con máis de 80 anos, seguía a traballar diariamente como investigadora no laboratorio.[6]
No 2022 o Ministerio de Ciencia e Innovación publicou as bases da primeira convocatoria dos Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes, entre eles o Premio Nacional Margarita Salas, na área de bioloxía.[7]
Premios destacados
[editar | editar a fonte]- 1994 Premio Rey Jaime I de Investigación.
- 1999 Premio Nacional de Investigación Santiago Ramón y Cajal.
- 2000 Premio L'Oréal-UNESCO a Mulleres en Ciencia
- 2005 Medalla de Ouro ó Mérito no Traballo.
- 2016 Medalla Echegaray (Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais) Foi a primeira muller en recibila.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Falece Margarita Salas, un grande referente da ciencia". GCiencia. 7 de novembro de 2019.
- ↑ "Fallece Margarita Salas, una de las mayores científicas españolas del siglo XX Consejo Superior de Investigaciones Científicas - CSIC - csic.es". www.csic.es. Consultado o 2020-03-25.
- ↑ "Margarita Salas, pasión por la biología molecular". Mujeres con ciencia (en castelán). 2018-02-20. Consultado o 2020-03-25.
- ↑ Salas, Margarita (2012-11-02). "My life with bacteriophage Ø29". Journal of Biological Chemistry (en inglés): jbc.X112.433458. ISSN 0021-9258. PMID 23124207. doi:10.1074/jbc.X112.433458. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2019. Consultado o 25 de marzo de 2020.
- ↑ "Margarita Salas Falgueras". www.rae.es (en castelán). Consultado o 2020-03-25.
- ↑ 6,0 6,1 "«Cuando hice la tesis se pensaba que la mujer no valía para investigación»". La Voz de Galicia (en castelán). 18/2/2019. Consultado o 20/2/2019.
- ↑ "La Moncloa. 26/05/2022. El Ministerio de Ciencia e Innovación crea los Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes [Prensa/Actualidad/Ciencia e Innovación]". www.lamoncloa.gob.es. Consultado o 2022-05-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- De Marchi, Vichi,. (2020). Ellas son de ciencias : Historias, pasiones y sueños de 15 científicas. Madrid: Ediciones del Laberinto. ISBN 978-84-1330-038-2
- Palacios, Mercedes (2020). Visionarias. Inventoras desconocidas. Ed. Bridge. ISBN: 9788416670888.
- Enciclopedia Microsoft Encarta (DVD) (en castelán). Microsoft Corporation. 2009.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ¿Por qué tan pocas? Margarita SalasArquivado 16 de novembro de 2020 en Wayback Machine.
- Científicos de España
- Académicos da Real Academia Española
- Nados en Valdés
- Nados en 1938
- Finados en 2019
- Alumnos da Universidade Complutense de Madrid
- Doutores honoris causa pola Universidade de Cádiz
- Doutores honoris causa pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo
- Biólogos de España
- Doutores honoris causa pola Universidade Rei Xoán Carlos