Sylvia Earle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sylvia Earle
Nacemento30 de agosto de 1935
Lugar de nacementoGibbstown
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Duke e Universidade do Estado da Flórida
Ocupaciónbióloga mariña, oceanógrafa, exploradora, botánica e bióloga
PremiosNational Women's Hall of Fame, Carl Sagan Award for Public Understanding of Science, TED Prize, Library of Congress Living Legend, Patron’s Medal, Hans Hass Award, Prêmio Rachel Carson, Rachel Carson Award, Ordem da Arca Dourada, Hubbard Medal, Premio Príncipe de Asturias da Concordia, honorary doctor of the University of Miami, Gold Medal of the Society of Woman Geographers, Women of Discovery - Sea Award, Mendel Medal, Doutor honorário da Universidade de Liège e Ken Burns American Heritage Prize
Na rede
IMDB: nm1862168 Twitter: SylviaEarle TED: sylvia_earle WikiTree: Reade-609 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sylvia Alice Earle, nada en Gibbstown (Nova Jersey) o 30 de agosto de 1935, é unha bióloga mariña, exploradora e escritora estadounidense. É a autora de numerosos documentais para National Geographic dende 1998. Earle foi a primeira científica xefa da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica e foi nomeada pola revista Time como o primeiro Heroe do planeta en 1998.[1] Dedicou a súa vida a estudar a situación dos océanos. Tamén colaborou no estudo dos danos causados por varias verteduras de petróleo producidos durante a primeira guerra do Golfo ou os provocados por petroleiros como o Exxon Valdez ou a plataforma petrolífera Deepwater Horizon. En 2018 recibiu o Premio Princesa de Asturias da Concordia[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de recibir o seu doutoramento en 1966, Earle pasou un ano como investigadora en Harvard, e logo regresou a Florida como directora residente do laboratorio Cape Haze Marine.[4] En 1969 solicitou incorporarse ao Proxecto Tektite, unha instalación a quince metros debaixo da superficie do mar fronte á costa das illas Virxes que permitiu aos científicos vivir mergullados na súa área de estudo durante varias semanas. A pesar de que rexistrara máis de 1000 horas de investigación baixo a auga, Earle foi excluída do programa. O ano seguinte, foi seleccionada para dirixir o primeiro equipo feminino de acuanautas en Tektite II.[5]

En 1992, Earle estableceu a compañía Deep Ocean Exploration and Research para avanzar en temas de enxeñaría mariña. A compañía, posteriormente dirixida por Elizabeth, filla de Earle, deseña, constrúe e opera equipos para ambientes de augas profundas.[6]

Experta no impacto dos derramamentos de petróleo, Earle foi convocada para dirixir varias viaxes de investigación durante a Guerra do Golfo en 1991 para determinar o dano ambiental causado pola destrución dos pozos petrolíferos kuwaitís por parte de Iraq. Dada a súa experiencia pasada cos derramamentos de petróleo do Exxon Valdez e Mega Borg, Earle foi convocada como consultora durante o desastre da Deepwater Horizon no golfo de México en 2010.

En 2010, na Conferencia Internacional Modelo das Nacións Unidas da Haia, Earle pronunciou un discurso de 14 minutos fronte a 3500 delegados e embaixadores das Nacións Unidas. En xullo de 2012, Earle dirixiu unha expedición ao laboratorio submarino Aquarius de NOAA, situado preto de Key Largo, Florida. A expedición, chamada "Celebrando 50 anos de vida baixo o mar", conmemorou o quincuaxésimo aniversario do proxecto Conshelf I de Jacques Cousteau e investigou os arrecifes de coral e a saúde dos océanos. Mark Patterson codirixiu a expedición con Earle. O seu equipo de acuanautas tamén incluíu o cineasta submarino D.J. Rodillo e o oceanógrafo M. Dale Stokes.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sylvia Earle, Oceanographer Information, Facts, News, Photos". National Geographic. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2010. Consultado o 16 de xuño de 2018. 
  2. "La oceanógrafa de National Geographic Sylvia Earle, Premio Princesa de Asturias de la Concordia". El Mundo (en castelán). 13 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2018. Consultado o 16 de xuño de 2018. 
  3. "Sylvia A. Earle - Premiados - Premios Princesa de Asturias - Fundación Princesa de Asturias". Fundación Princesa de Asturias (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2018. 
  4. "Sylvia Earle, PhD - NOGI". Academy of Underwater Arts and Sciences. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2008. Consultado o 2018. 
  5. Collette, BB (1996). "Results of the Tektite Program: Ecology of coral-reef fishes.". In: MA Lang, CC Baldwin (Eds.) The Diving for Science…1996, "Methods and Techniques of Underwater Research" Proceedings of the American Academy of Underwater Sciences Sixteenth Annual Scientific Diving Symposium (Washington, D.C.: Smithsonian Institution). Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2012. Consultado o 2018. 
  6. "About DOER Marine". DOER Marine. Consultado o 2018. 
  7. "Celebrating 50 Years of Living Beneath The Sea". University of North Carolina Wilmington. 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2012. Consultado o 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Francesca Cavallo e Elena Favilli (2017). Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes. Editorial: Destino Infantil y Juvenil ISBN: 978-950-49-5870-3
  • Irene Cívico, Sergio Parra e Núria Aparicio (ilustradora). Las chicas van donde quieren. 25 aventureras que cambiaron las historia Editorial Montena, 2019. ISBN: 978-84-1746-064-8

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]