Francisco Rodríguez Adrados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Rodríguez Adrados
Nome completoFrancisco Rodríguez Adrados
Nacemento29 de marzo de 1922
Lugar de nacementoSalamanca
Falecemento21 de xullo de 2020
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca e Universidade Complutense de Madrid
Ocupaciónlingüista, filólogo, profesor universitario, tradutor, catedrático de universidade, columnista e historiador
Premiosdoutor honoris causa pola Universidade de Salamanca, Gran Cruz de Afonso X o Sabio, honorary doctorate of CEU San Pablo University, Premio Castela e León das Ciencias Sociais e Humanidades, Premio César González-Ruano, Premio Nacional de Tradución de España e Premio Nacional das Letras Españolas
Na rede
Dialnet: 1652724
editar datos en Wikidata ]

Francisco Rodríguez Adrados, nado en Salamanca o 29 de marzo de 1922 e finado en Madrid o 21 de xullo de 2020,[1] foi un filólogo, helenista e académico español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Salamanca o 29 de marzo de 1922. Licenciado en Filoloxía Clásica en 1944 pola Universidade de Salamanca; doutor dous anos despois, en 1946, pola Universidade Complutense de Madrid; Catedrático de Grego no Instituto Cardeal Cisneros de Madrid en 1949; en 1951, en Barcelona, catedrático da súa Universidade e da Complutense, en 1952 até 1988. Dirixiu o Departamento de Grego da UNED entre 1972 e 1976 da que foi catedrático (emérito) e Presidente de Honra da Sociedad Española de Estudios Clásicos (SEEC) e da Sociedad Española de Lingüística. Foi director das revistas Emerita e Revista Española de Lingüística, da colección de clásicos gregos e latinos Alma Máter, que publicou o CSIC. Gran colaborador en xornais como o ABC ou El Mundo.

Mestre de mestres, grande estudoso do mundo humanístico, especialmente nos estudos sobre Grecia e tamén a historia de España. Estudoso e tradutor de literatura grega, latina e india, ademais da española. Como filólogo, foi defensor da orixe aquitana dos vascos e o éuscaro.

Experto en Lingüística indoeuropea e membro do CSIC, no que é director do maior proxecto lexicográfico dun dicionario grego-español DGE, tras o LSJ. Foi tamén autor, conxuntamente con Alberto Bernabé e Julia Mendoza, do Manual de lingüística indoeuropea (1995-1998) en tres volumes. (ISBN 84-7882-193-7)

Ingresou na Real Academia Española o 21 de xuño de 1990 (cadeira d), tomando posesión o 28 de abril do ano seguinte; e na Real Academia da Historia en febreiro de 2004. Foi membro da Academia de Atenas e da Academia Arxentina das Letras. En 2012 recibiu o Premio Nacional de Letras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Morales, Manuel (21-7-2020). "Muere Francisco Rodríguez Adrados, filólogo clásico y miembro de la RAE". elpais.com (en castelán). Consultado o 25-7-2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]