Gaspar Massó García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1893 Bueu, España |
Morte | 18 de febreiro de 1991 (97 anos) Vigo, España |
Procurador en Cortes | |
16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946 Lexislatura: I lexislatura das Cortes franquistas | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | emprendedor, procurador en Cortes, escritor, político |
Familia | |
Fillos | Enrique Massó Bolíbar |
Irmáns | José María Massó García |
Gaspar Massó García, nado en Bueu o 9 de xuño de 1893 e finado en Vigo o 18 de febreiro de 1991,[1] foi un industrial conserveiro e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Gaspar Massó Ferrer. Da terceira xeración da empresa conserveira Massó, foi presidente da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos (ANFACO) entre 1935 e 1937. Foi deputado provincial (1920-1929). Militou na Unión Patriótica e na República en Acción Popular. En 1936 negáronlle o ingreso en Falanxe, pero foi admitido o 18 de xullo de 1937 como adherido. Axudou economicamente a Falange en varias ocasións. En 1939 foi sancionado polo gobernador civil Manuel Gómez Cantos con 1.500 pesetas por “pronunciar frases incorrectas y protestar en tonos airados contra lo dispuesto por la Superioridad sobre la expedición de salvoconductos”.[2]
Colaborou na fundación do Museo de Pontevedra, no establecemento da Misión Biolóxica de Galicia, na edición de Cien obras de la colección Massó e participou na elaboración do Diccionario de la lengua española da Real Academia Española (da que foi membro correspondente) con numerosas achegas técnicas. Foi procurador en Cortes (1943-1946) como empresario pertencente ao Sindicato Nacional de Pesca.
Xerou abundantes patentes de maquinaria para tratar o peixe das conservas. Foi pioneiro en rotular en galego nas súas fábricas.
Obras
[editar | editar a fonte]- Cantares populares gallegos
- Itinerarios turístico gastronómicos de la provincia de Pontevedra, 1964
- Nuestro futuro alimenticio: pesca y conservas, 1964
- Comentarios gastronómicos, apéndices sobre Economía Conservera, 1967
- Origen y desarrollo de la industria conservera en Galicia, 1967
- Pedro Madruga de Soutomayor, caudillo feudal, 1975.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en maio de 1929 con Amalia Bolívar Sequeiros, filla de Tomás Bolívar Massó.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Faro de Vigo, 19-2-1991, p. 2.
- ↑ Falanxistas de Bueu.
- ↑ El Pueblo Gallego, 17-5-1929, p. 6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aparisi, Luis M. (2016). Gallegos en la Real Academia Española (PDF) (en castelán). Asociación Cultural da Vieira.
- Muñoz Abeledo, Luisa (2006). "O gran patrón da industria pesqueira e conserveira" in Empresarios de Galicia. CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia. pp. 413–431.