José María Merino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José María Merino
José María Merino Foto Antón Diez.jpg
Nome completoJosé María Merino Sánchez
Nacemento5 de marzo de 1941
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e crítico literario
FillosAna Merino
PremiosPremio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España, Premio Nacional de Narrativa, sen etiquetar, Premio Castela e León das Letras, Salambó Prize, Premio Torrente Ballester, Premio da Crítica Española e Premio Nacional das Letras Españolas
Na rede
IMDB: nm0580830 Dialnet: 55421 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

José María Merino Sánchez, nado na Coruña o 5 de marzo de 1941 é un escritor en lingua castelá. En 2013 recibiu Premio Nacional de Narrativa de España pola súa novela El río del Edén e en 2021 o Premio Nacional das Letras Españolas.

En 2022 foi Premio Rosalía de Castro do PEN Club.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Galicia, pouco despois a familia marchou á cidade do pai, León, onde pasou a infancia e a adolescencia. Estudou dereito na Universidade Complutense de Madrid e logo de exercer un tempo como avogado ingresou como funcionario no Ministerio de Educación. Foi director do Centro das Letras do Ministerio de Cultura (1987-1989).

En 1972 publicou o seu primeiro libro, o poemario Sitio de Tarifa. Aínda que Merino é sobre todo coñecido polas súas novelas e contos, a primeira novela publicouna en 1976, Novela de Andres Choz.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Sitio de Tarifa (1972).
  • Cumpleaños lejos de casa (1973).
  • Novela de Andrés Choz (1976).
  • El caldero de oro (1981).
  • Cuentos del reino secreto (1982).
  • La orilla oscura (1985).
  • El viajero perdido (1990).
  • Los trenes del verano -No soy un libro- (1992).
  • Las visiones de Lucrecia (1996).
  • Intramuros (1998).
  • Los invisibles (2000).
  • El heredero (2003).
  • El lugar sin culpa (2006).
  • La sima (2009).
  • El río del Edén (2012).

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2013 recibiu Premio Nacional de Narrativa de España, pola súa novela El río del Edén e en 2021 o Premio Nacional das Letras Españolas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario, Nós (2022-10-31). "Os premios Rosalía de Castro do PEN Clube xa teñen gañadoras". Nós Diario. Consultado o 2022-11-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]