Caddy Adzuba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Caddy Adzuba
Caddy Adzuba récipiendaire du Prix Prince des Asturies pour la Concorde.jpg
Adzuba en 2010
Nacemento5 de abril de 1981
 Bukavu
NacionalidadeRepública Democrática do Congo
Alma mátersen etiquetar
Ocupaciónavogada, xornalista e locutor
PremiosPremio Príncipe de Asturias da Concordia e Julio Anguita Parrado International Journalism Award
editar datos en Wikidata ]

Caddy Adzuba, nada en Bukavu o 5 de abril de 1981 é unha avogada, xornalista e activista polos dereitos das mulleres congolesa. O seu foco principal é a loita contra a violencia sexual na República Democrática do Congo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Caddy Adzuba é a máis vella de oito irmáns nados nun barrio adiñeirado de Bukavu. Graduouse en dereito pola Universidade de Bukavu en 2005.

Segundo a rede IFEX, grupo de organizacións que defenden a liberdade de expresión no mundo, Adzuba decidiu traballar na promoción dos dereitos humanos cando a guerra a botou do seu fogar con dezaseis anos.[2] Despois de ser separada da súa familia e ser testemuña do sufrimento das persoas, "decidiu facer algo polos dereitos humanos".[2]

Axudou a fundar a rede Un Altavoz para el Silencio, dando conta da violencia sexual contra as mulleres no seu país. Tamén é membro da Asociación de Mulleres dos Medios do Congo Oriental.[3][4] Caddy Adzuba tamén foi unha das fundadoras da Women's Alliance for the Promotion of Human Rights.[2]

Traballa como xornalista en Radio Okapi, canal de radio oficial da misión das Nacións Unidas na República Democrática do Bongo. A loita contra a tortura e a violación continúa a ser unha das súas prioridades, motivo polo que recibiu ameazas de morte.[2][5]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Caddy Adzuba: Asturias laureate". euronews (en inglés). 5 de novembro de 2014. Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Turning stigma into strength: Caddy Adzuba - IFEX". IFEX (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2018. Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  3. País, Ediciones El (4 de setembro de 2014). "Congolese journalist to receive Prince of Asturias Concord Prize". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  4. "Caddy Adzuba | Casa África". www.casafrica.es. Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  5. "JED demands investigation into anonymous death threats against three journalists - IFEX". IFEX (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2018. Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  6. Internet, Unidad Editorial. "La congoleña Caddy Adzuba gana el Premio Julio Anguita Parrado | Comunicación | elmundo.es". www.elmundo.es (en castelán). Consultado o 20 de agosto d e2018. 
  7. "Comunicato stampa". Consiglio Regionale della Valle d'Aosta. 
  8. "Archived copy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de xaneiro de 2014. Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  9. "LiveLeak.com - Congolese journalist Caddy Adzuba wins Asturias peace award". Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  10. Tecnologías, Developed with webControl CMS by Intermark. "Caddy Adzuba, Prince of Asturias Award for Concord - Communication - The Princess of Asturias Foundation". The Princess of Asturias Foundation. Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]