Instituto de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Instituto de España
Logo
Tipometaorganización
Data de fundación1938
Fundador(es)Francisco Franco
SedeAuditorium of Universidad Complutense
PaísEspaña
40°24′55″N 3°42′37″O / 40.4152, -3.7102
Na rede
http://www.mecd.es/insde/
editar datos en Wikidata ]

O Instituto de España é a institución que agrupa ás oito Reais Academias oficiais establecidas en Madrid, e está formada polo conxunto dos académicos numerarios pertencentes a estas.

O seu obxectivo, segundo os seus estatutos, é o de "manter e estreitar a fraternidade espiritual das indicadas oito Reais Academias españolas, auxiliándose e complementándose entre si para a maior eficacia das súas tarefas e actividades, formando a superior representación académica nacional en España e no estranxeiro".

Historia[editar | editar a fonte]

O Instituto de España foi creado, por decreto de 1 de xaneiro de 1938, en Salamanca. Os seus fundadores foron Eugenio D'Ors, Pedro Muguruza e Agustín González de Amezúa. Como primeiro presidente do Instituto de España foi elixido Manuel de Falla (membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando), quen non tomou posesión do cargo.

En 1942, foi nomeado presidente o bispo de Madrid-Alcalá, Leopoldo Eijo y Garay que era membro da Real Academia Española, e que estivo no cargo até 1963. Sucédelle Juan Contreras y López de Ayala, Marqués de Lozoya, membro da Real Academia da Historia, até xaneiro de 1972. Durante uns meses dese mesmo ano, até o seu falecemento, foi presidente Luis Martínez de Irujo, Duque de Alba (consorte) e membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, sendo substituído por Manuel Lora-Tamayo que era membro da Real Academia Nacional de Farmacia e que estaría no cargo até 1978.

Nese ano asumiu a presidencia Fernando Chueca Goitia, membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e da Real Academia da Historia. En outubro de 1986 foi elixido presidente Miguel Artola Gallego, membro da Real Academia da Historia, manténdose na súa responsabilidade até a súa dimisión a finais do ano 1995. Substitúeo no cargo Margarita Salas Falgueras, que é membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais e da Real Academia Española, sendo sucedida no cargo, en 2003, polo actual presidente, Salustiano del Campo Urbano, membro da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas.

Actividades[editar | editar a fonte]

O Instituto de España organiza as súas actividades a través de tres liñas fundamentais:

  • Os ciclos de relatorios.
  • Os cursos de Terceiro Ciclo.
  • As publicacións especializadas.

Ademais, o Instituto de España celebra tres sesións públicas e solemnes con motivo de:

  • A conmemoración da súa data fundacional.
  • A Festa do Libro.
  • A apertura do Curso Académico anual.

Academias membro[editar | editar a fonte]

Conforman o Instituto de España as oito Reais Academias oficiais, establecidas en Madrid, que son as seguintes:

Academias asociadas[editar | editar a fonte]

Desde outubro de 1979, existe a figura de Membro Asociado do Instituto de España, para vincular ás Academias rexionais, provinciais e locais ao Instituto de España, e coordinar as actividades das mesmas en beneficio da actividade académica en xeral. En (2006) había 50 academias asociadas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Velarde Fuertes, Juan (2007): Las sociedades científicas españolas. Madrid: Instituto de España. ISBN 978-84-85559-64-0

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]