Río Serpis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Serpis
PaísEspaña España
Nacementoserra de Mariola, Parc natural del Carrascal de la Font Roja
Lonxitude74,5 km
DesembocaduraMar Mediterráneo
Mapa da conca do Serpis.
Riu Serpis ao paso por Gandia.

O Serpis é un río do País Valenciano de 74,5 km de curso, que desemboca no mar Mediterráneo.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O río Serpis fórmase nas abas da serra de Mariola, no Parc natural del Carrascal de la Font Roja, na provincia de Alacant, pola unión dos barrancos de Polop e Troncal, e nas abas de La Carrasqueta, aínda que popularmente se recoñece o nacemento do Serpis na unión do río Barxell e o Molinar. Durante o seu curso alto é denominado tamén Río de Alcoi. Atravesa as comarcas de L'Alcoià, El Comtat e La Safor. A partir de L'Orxa, o seu leito estreita e discorre por unha angosta garganta entre a serra de Agullent e o macizo de La Safor. Este tramo encaixado é chamado o Barranc de l'Infern (barranco do inferno). Atravesa a cidade de Gandia, e desemboca no Mediterráneo xunto ao Grau ou porto de Gandia.

Conca[editar | editar a fonte]

A área da conca do Serpis é de 752,8 km².

Afluentes[editar | editar a fonte]

Réxime fluvial[editar | editar a fonte]

É de tipo mediterráneo, con máximo caudal en xaneiro e mínimo en agosto. Ten fortes cheas en outono como consecuencia de chuvias torrenciais. Durante a chea do 1 de outubro de 1986 chegou a levar 770 m³/s en Beniarrés. Na data de 3 de novembro de 1987 desbordouse en Gandia a causa da precipitación de 720 mm en 24 horas. O caudal medio ao seu paso por Orxa é de 2,5 m³/s.

Poboacións que atravesa[editar | editar a fonte]

Alcoi, Cocentaina, Alquería d'Asnar, Muro d'Alcoi, Beniarrés, L'Orxa, Villalonga, La Font d'en Carròs, Potries, Beniarjó, Gandia.

Encoros[editar | editar a fonte]

Protección ambiental[editar | editar a fonte]

O Serpis é un río que recibe os residuos de importantes zonas industriais, como Alcoi, polo que as súas augas non son de boa calidade en certos tramos, porén as marismas de Xeresa-Xaraco teñen a declaración de parque natural por ser zona de refuxio de aves.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]