Saltar ao contido

Alfafar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlfafar
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°25′20″N 0°23′23″O / 39.4222, -0.3897
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarca da Comunidade ValencianaHorta Sud Editar o valor en Wikidata
CapitalAlfafar Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación21.879 (2023) Editar o valor en Wikidata (2.166,24 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie10,1 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude6 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJuan Ramon Adsuara Monlleo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46910 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE46022 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos46022 Editar o valor en Wikidata

Páxina webalfafar.es Editar o valor en Wikidata
Facebook: Alfafar Twitter: AytoAlfafar Editar o valor en Wikidata

Alfafar é un concello da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Valencia, na comarca da Horta Sud. Limita con Massanassa, Paiporta, Sedaví e a cidade de Valencia, da cal pertence á súa área metropolitana.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Alfafar atópase a 6 km da cidade de Valencia, na comarca da Horta Sud. Ten un termo municipal de máis de 10 km² de superficie chaira e fértil, maioritariamente dedicada a regadíos entre os que predomina o arroz. O seu núcleo urbano edificado ocupa tan só pouco máis dun 10 %, gran parte do termo dentro do Parque Natural da Albufeira.

A altitude no centro do casco antigo respecto do nivel do mar é duns 10 msnm. Limita ao norte con Valencia cidade e Sedaví, ao leste de novo con Valencia e as súas pedanías, ao sur con Massanassa e o Parque natural da Albufeira e ao oeste con Paiporta e Benetússer.

O termo atópase atravesado de norte a sur por catro grandes saídas viarias que comunican o pobo coa capital e que lle confiren unha grande accesibilidade, tanto por estrada como por tren. O seu clima é tépedo.

O concello ten dous núcleos principais de poboación, Alfafar e El Tremolar. Ademais conta cos seguintes barrios:

  • L'Arborar
  • Barri Orba (comunmente denominado parque Alcosa)
  • La Fila
  • L'Hort del Conde
  • Els Alfalars
  • El Rajolar

Alfafar foi no seu día unha alquería musulmá. O nome procede do árabe Al Hofra, que significa "lugar fondo, de foxos". Esas fosas atopáronse en tempos bastante recentes no proceso de realización de diversas obras no centro da vila. Nun rucucho da praza do País Valencià apareceron galerías a unha profundidade de catro a cinco metros, onde se atoparon diversos anacos de cerámica que se cre que datan dos séculos IX ou X.

O nome de Al Hofra foi converténdose, sucesivamente por corrupción e uso da palabra, en Alfolfar, Alfofar e na actual Alfafar. No "Llibre del Repartiment" de Xaime I, hai constancia de doazóns en xuño de 1238, antes da Conquista de Valencia que se realizou en outubro, de casas e terras a xentes das súas hostes en "Alqueriam d'Alfofar". En xaneiro de 1347 o Rei Pedro o Cerimonioso doa todas as terras a Don Pedro Boval, cabaleiro principal deste Reino, de todas as terras, converténdoo en Señorío ao seu favor o catorce de febreiro de 1363, e a súa familia exerceuno até a desaparición dos señoríos en 1812. Aínda que restan poucas edificacións antigas, suponse que por este pobo discorría a Vía Augusta, e que existiu un núcleo de poboación moi antigo adicado á agricultura e a pesca, debido á proximidade do lugar co lago da Albufeira.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Alfafar conta cunha poboación de 20.655 habitantes en 2008.

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2005 2006 2007
2.552 2.934 3.241 3.531 3.983 4.126 4.394 13.093 20.195 19.996 18.878 19.877 20.322 20.321

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía do municipio foi até estes últimos anos agrícola, predominando o cultivo do arroz e en menor medida, a laranxa, mais foi evolucionando e actualmente predomina o sector industrial e comercial, desenvolvéndose nos últimos anos, o sector servizos. As empresas do municipio fóronse desprazando á zona industrial; ademais, están a establecerse un bo número de empresas debido aos bos servizos e comunicacións.

No sector industrial hai que ter en conta que Alfafar e os seus arredores foi tradicionalmente unha zona dedicada á industria moble (o triángulo do moble: Alfafar, Benetússer e Sedaví). É unha actividade importante aínda que os centros de traballo fóronse desprazando cara aos polígonos industriais. Entre un 40 % e un 60 % da demanda de emprego da poboación activa do municipio de Alfafar pertence ao sector servizos, o que podería deberse especialmente a que unha das actividades destacadas do municipio e dos pobos limítrofes baséase nos comercios, aínda que con frecuencia trátese de pequenos e medianos comercios.

Recentemente inaugurouse o Centro Comercial MN4, un complexo comercial e de lecer que se pode considerar como unha nova fonte de emprego sen esquecer o emprego que xerou o Parque Albufeira e Centro Comercial Carrefour. Por tanto Alfafar é considerada unha zona de grande actividade comercial.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]