Saltar ao contido

Alcublas

Modelo:Xeografía políticaAlcublas
Vista no inverno
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°47′50″N 0°42′08″O / 39.797222222222, -0.70222222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarca da Comunidade ValencianaLos Serranos Editar o valor en Wikidata
CapitalAlcublas (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación635 (2023) Editar o valor en Wikidata (14,6 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie43,5 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude774 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónNossa Senhora da Saúde (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataManuel Civera Salvador (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46172 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE46018 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos46018 Editar o valor en Wikidata

Páxina webalcublas.es Editar o valor en Wikidata

Alcublas (en valenciano Les Alcubles) é un municipio da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, na comarca de Serrans.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Municipio situado na vertente sur da zona montañosa de ligazón entre a Serra Calderona e a Serra de Andilla, que separa as concas do Turia e o Palancia. O relevo do termo non é moi accidentado, caracterizándose pola existencia de "cuncas" e chairas rodeadas de cerros de mediana elevación. Esta característica permitiu a instalación dun aeródromo no Chairo da Balsa, en 1936. As principais alturas son Pedroso (878 m), Los Molinos (904 m), Verdinal (614 m) e La Solana (1.123 m).

O termo carece de correntes fluviais importantes, sendo a única a destacar a rambla de Alcublas, que logo dá orixe á rambla de Artaix. Na parte sur do termo hai montes cubertos de piñeirais; no resto hai pastos e monte baixo (romeu, espliego etc).

A vila está na cabeceira da rambla de Alcublas, nunha ampla "cunca" rodeada por varios cerros, moi próxima ao linde con Andilla. Accédese a esta localidade, dende Valencia, tomando a CV-35 ata enlazar coa CV-339 e logo continuar pola CV-245.

O termo municipal de Alcublas limita coas localidades de Andilla e Llíria pertencentes á provincia de Valencia, e Sacañet, Jérica e Altura na provincia de Castelló.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
1990 1992 1994 1996 1998 2000 2002 2004 2005 2007 2008
914 859 858 837 857 854 835 794 796 829 842

Economía

[editar | editar a fonte]

Existen dentro do termo terreos dedicados a diversos cultivos: viñedos, cereais, oliveiras, amendoeiras e figueiras. O viño e o aceite son as principais producións. Pola abundancia de plantas aromáticas hai gran dedicación apícola, así como de obtención de esencia de espliego.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
  • Concello. Edificio do século XVII.
  • Los Molinos. Muíños onde antigamente se moía o gran, foron recentemente restaurados. Dende a montaña onde están situados pódese apreciar unha bela panorámica do pobo.

Festividades

[editar | editar a fonte]
  • Santo Antón Abade. Celébranse estas festas o 17 de xaneiro.
  • Romaría á Cova Santa. O primeiro sábado de maio ten lugar a romaría ao Santuario da Virxe da Cova Santa, distante 13 km do pobo, facendo a viaxe de ida e volta a pé gran número de romeus.
  • Festas en honra á Virxe da Saúde. Celébranse en agosto, normalmente entre a terceira e cuarta fin de semana do mes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]