Saltar ao contido

Massanassa

Massanassa
 Nome oficial
    Massanassa (ca) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
massanasser (ca)
massanassera (ca) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Continente
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
7.456 (2001) rexistro civil
7.393 (2002) rexistro civil
7.843 (2004) rexistro civil
7.919 (2005) rexistro civil
8.127 (2006) rexistro civil
8.325 (2007) rexistro civil
8.784 (2008) rexistro civil
8.968 (2009) rexistro civil
8.918 (2010) rexistro civil
9.022 (2011) rexistro civil
8.809 (2012) rexistro civil
8.888 (2013) rexistro civil
9.149 (2014) rexistro civil
9.264 (2015) rexistro civil
9.341 (2016) rexistro civil
9.375 (2017) rexistro civil
9.538 (2018) rexistro civil
9.667 (2019) rexistro civil
9.782 (2020) rexistro civil
9.845 (2021) rexistro civil
9.929 (2022) rexistro civil
10.146 (2023) rexistro civil
10.345 (2024) rexistro civil
10.607 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   4.873 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   4.794 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   5,6 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   14 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal46470 Editar o valor en Wikidata
Código INE46165 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap343639 Editar o valor en Wikidata
VIAF316733165 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02qf6q6 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: ajuntamentmassanassa Twitter: AjuntMassanassa BNE: XX453656 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Massanassa é un concello do País Valenciano que se atopa na bisbarra da Horta Sud.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situado na comarca de Horta Sud, atópase a 7 km de Valencia, ben preto do parque natural da Albufeira. Accédese a esta localidade dende a capital tomando a V-31. O termo municipal de Masanasa limita coas localidades de Alfafar, Paiporta, Valencia e Catarroja todas da Horta Sud. Ten especiais vínculos de veciñanza co resto de municipios da comarca da Horta-Albufeira, como Sedaví, Benetússer e Albal.

A súa orixe atópase na época musulmá, aínda que hai indicios de que puido ser unha vila romana ao atoparse no traxecto da Vía Augusta. As primeiras noticias documentais remóntanse a uns versos do poeta Ibn al-Abbar (1199 - 1260), onde se lamenta da derrota da Valencia musulmá fronte ás tropas do rei Xaime I. Nestes versos nomea esta poboación como Manzil Nasr, que significa Alquería de Nasr e que naquela época designaba a un conxunto de casas como centro dunha explotación agrícola.

As mencións posteriores de Massanassa xa corresponden ao período cristián e atópanse no Llibre del Repartiment, onde se rexistran as doazóns que o rei Xaime I fai das terras conquistadas, escrito entre os anos 1237 e 1252. Antes da ocupación da cidade de Valencia este rei dedicouse a repartir terras e casas a quen lle axudan nesta guerra, e así aparece mencionada esta poboación entre as doazóns efectuadas. Concretamente o 16 de marzo de 1238, doa a Martí "3 jovades en alquería de Massanassa". O 15 de maio dese mesmo ano outorga a "Fra Mateu comanador de l'orde de Calatrava, Alquería de Massanassa amb molins". O día 13 de agosto a Eiximén de Lusia: "8 jovades a Massanassa" e o 23 do mesmo mes a Fra Gerald de Prat, comendador de Alfama, "30 jovades a Massanassa".

Outro documento, este de 1278, infórmanos sobre algúns dos primeiros poboadores cristiáns de Masanasa, citando os seus nomes e permitíndonos ver con detalle, por vez primeira, como era o pobo fai 700 anos. Seguramente contaba cun núcleo de poboación central, onde vivía a maioría dos veciños e na súa contorna, os campos de cultivo, tanto de secaño como de regadío. Os cultivos son os tradicionais naquela época; cereais e vide, algunhas hortas e unha zona de oliveiral.

En 1386, Massanassa pasou a mans de Pedro Boïl e da súa familia, quedando en poder desta até o ano 1738 no que Masanasa, xunto a outros pobos cambia novamente de donos ao adquirila o marqués de Dues Aiugües. Tería a poboación por aqueles anos uns 280 habitantes; no entanto, ao finalizar o século alcanzaba xa a cifra de 1.398 veciños, o que significou un incremento demográfico considerable.

Nos dous séculos seguintes Massanassa medrou lentamente acadando os 4.800 habitantes nos anos 40 do século XX, conservando tódalas características dunha pequena vila agrícola. Porén, a partir da década dos 60 e 70 iníciase a transformación converténdose nunha localidade moderna, acollendo un gran número de industrias e cambiando radicalmente a súa estrutura urbana e social, cun crecemento equilibrado, no que a poboación, aínda que se dedica xa maioritariamente á industria e os servizos, mantén aínda fortes vínculos coa agricultura cada vez máis especializada.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Conta cunha poboación de 8.784 habitantes (2008).

Evolución demográfica
19001910192019301940195019601970198119912000200520062007
3.2293.3363.3424.2724.8365.0235.0536.0106.9837.6327.5217.9198.1278.325

Economía

[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente dedicada á agricultura (cereal e vide) esta sufriu unha gran transformación intensificándose o cultivo do arroz, os froitales e as hortalizas, desaparecendo os anteriores cultivos. A proximidade a Valencia facilitou a súa industrialización, aínda que non perdeu totalmente o seu carácter agrícola inicial.

Monumentos

[editar | editar a fonte]
  • Igrexa Parroquial de San Pedro (século XVIII).
  • Alquería de Soria (século XVIII). Alquería típica da comarca da Horta.
  • Casa dos Obreiros. Edificio construído en 1929 que é actualmente sede do Arquivo Municipal.
  • Casa do Concello. Edificio coñecido como As Escolas Vellas (les Escoles Velles). A súa data de construción é de 1932.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]