Saltar ao contido

Paiporta

Modelo:Xeografía políticaPaiporta
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°25′40″N 0°25′06″O / 39.427777777778, -0.41833333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia Editar o valor en Wikidata
CapitalPaiporta Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación28.136 (2025) Editar o valor en Wikidata (7.214,36 hab./km²)
Lingua oficiallingua valenciana (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie3,9 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude52 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Santo padrónRoque de Montpellier Editar o valor en Wikidata
Organización política
 Alcalde Editar o valor en WikidataQ135409559 Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46200 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE46186 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos46186 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Soliera (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webpaiporta.es Editar o valor en Wikidata
Facebook: ajuntamentdepaiporta Twitter: Ajunt_Paiporta BNE: XX451283 Editar o valor en Wikidata

Paiporta é un concello do País Valenciano que se atopa na bisbarra da Horta Sud.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Concello da Horta, situado ao sur da cidade de Valencia. O territorio é totalmente chan, e o seu accidente xeográfico máis importante é o barranco de Xiva, que divide en dúas partes a vila e o termo. O núcleo máis antigo atópase á esquerda do cantil, da beira da igrexa de Sant Jordi.

O clima é mediterráneo, con invernos suaves e estíos calorosos. A choiva, escasa, cae no outono e na primavera ao redor dos 450–550 mm/anuais. A proximidade do mar dálle ao aire un certo grao de humidade. A temperatura media anual é de 19 °C, con medias térmicas de 10 °C en xaneiro e 25 °C en agosto.

Pódese acceder a esta localidade a través da liña 1 do Metro de Valencia. A liña 5 tamén posúe unha ruta con paraxe na vila.

Localidades limítrofes

[editar | editar a fonte]

Paiporta limita coas localidades de Alfafar, Benetússer, Catarroja, Massanassa, Picanya e Valencia (a 5,5 km), todas elas da provincia de Valencia.

Segundo o Llibre de Repartiment (Libro de Repartición), no 1238 o rei Xaime I outorgou a Arnau Lago as aldeas de Cotelles e o Racó, onde posteriormente se asentou o pobo, denominado entón de Sant Jordi.

En 1366 o rei Pere III dá o lugar a Pere Boïl ie Castellar, que posuía o terzo décimo e o dereito de cobrar impostos para o monarca. No ano 1447, o señorío pertencía ó Xustiza de Valencia (Justícia de València), Genís Ferrer, e no 1494 pasou a ser patrimonio de Pere Joaquim Pons. No 1584, Elionor Pons contraeu matrimonio con Pere Ladron Pallàs, quen herdou o título de vizconde de Xelva; no ano 1599, o rei outorgou o título de conde de Sinarcas a Jaume Ladron de Pallàs; ao morrer Gaspar Ladron de Pallàs sen descendencia masculina o señorío separouse do vizcondado de Xelva. No século XVII un roubo de sacras formas no convento de Sant Joaquim e Santa Anna, levantado en 1595 e a estas alturas desaparecido, serviu de escusa ao vicerrei para iniciar unha dura represión do bandoleirismo en todo o país; no 1741, e até a desamortización, era propiedade do marqués de Valdecarzana, quen se titulou Barón de Paiporta. En 1841 vai engadirse o barrio de Casesnoves, tamén denominado Portugalet, que pertencía á xurisdición de Torrent e á parroquia de Picanya.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Paiporta conta cunha poboación de 23.245 habitantes.

Evolución demográfica de Paiporta
19001910192019301940195019601970198119912000200520072008
2.2962.5062.7463.0743.1823.5744.05411.22414.51415.62718.19421.34122.37423.245

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía local baséase na agricultura e na industria. O campo paiportí, que é regado pola canle do Faitanar, dá hortalizas, cítricos e flor natural. No tocante á industria, nos seus tres polígonos industriais hai fábricas de mobles, xoguetes, chapas e obradoiros de madeira, téxtiles, pinturas, materiais para construción etc.

A súa economía actualmente é máis industrial que agrícola, a pesar de ter labrada toda a superficie do termo que non foi ocupada por fábricas e zona urbana. A orixe dos regos nesta zona semella ser tan antiga coma no resto da Horta de Valencia.

A laranxeira leva camiño de converterse en monocultivo, a pesar de que inda hoxe se dedica a metade do regadío a hortalizas e millo. A gandaría ten cabezas de gando vacún e con aves repartidas entre varias granxas.

Monumentos

[editar | editar a fonte]
  • Igrexa de San Xoán (Església de Sant Jordi): erixida en 1754 sobre unha anterior, de 1579. O estilo arquitectónico é de transición entre o barroco e o neoclásico.
  • Museo da Ladrillaría (Museu de la Rajoleria): a antiga fábrica de ladrillos de Bauset vaise acondicionar para acoller o Museu de la Rajoleria, un espazo cultural e etnolóxico de grande importancia. Hoxe, dá cabida a todo tipo de iniciativas artísticas e acolle o que antes eran os fornos, unha exposición permanente que mostra parte de la historia social e local da fábrica.
  • Unha boa mostra da arquitectura rural da comarca de L'Horta: Pou de Sant Bernat, Pou de Sant Francesc, Villa Socorro, Villa Amparo e Villa Consuelo, son as máis destacadas.

Festas e celebracións

[editar | editar a fonte]
  • As Festas Maiores (Festes Majors). Celébranse na segunda semana do mes de agosto, na honra de Sant Roc, patrón de Paiporta, finalizando o día 16 de agosto. Consisten nunha serie de actividades festeiras, culturais e lúdicas, coma bailes, actuacións, concertos de banda de música, día infantil, xantares populares, tir i arrossegament, cabalgata, procesión e lume (ao mediodía: mascletà e pola noite, castell de fogos de artificio).
  • O Día do Can (Dia del Gos). É unha festa págana que se celebra o día 17 de agosto, en homenaxe ao can de Sant Roc. É unha festa con baile, cabalgata, disfraces, xantar e lume, culminando coa Procesión do Can (Processó del Gos) e a súa queima. A orixe desta festa é descoñecida. Os máis vellos contan que se celebra dende tempos inmemoriais, e que deixou de realizarse hai 25 anos, mais dende o ano 1991, un grupo de 34 paiportís recuperou a tradición.
  • Día de Sant Vicent. A seguinte segunda feira ao luns de Pascua. Este día festéxase o Comungar dos Impedidos (Combregar dels Impedits).
  • Fallas (Les Falles). Celébranse tamén do 15 ao 19 de marzo.

Política e administración

[editar | editar a fonte]

Alcaldes de Paiporta:

  • Bartolomé Bas Tarazona 1979-1983 PSPV
  • Bartolomé Bas Tarazona 1983-1987 PSPV
  • Bartolomé Bas Tarazona 1987-1991 PSPV
  • Bartolomé Bas Tarazona 1991-1995 PSPV
  • Bartolomé Bas Tarazona 1995-1999 PSPV
  • Bartolomé Bas Tarazona 1999-2003 PSPV
  • Bartolomé Bas Tarazona 2003-2007 PSPV
  • Vicente Ibor Asensi 2007-2011 PP

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]
  • Cuba Centro Habana
  • Cuba Regla
  • Italia Soliera

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]