Saltar ao contido

Tavernes Blanques

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTavernes Blanques
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°30′23″N 0°21′45″O / 39.5064, -0.3626
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarca da Comunidade ValencianaHorta Nord Editar o valor en Wikidata
CapitalTavernes Blanques Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación9.824 (2025) Editar o valor en Wikidata (14.034,29 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie0,7 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude12 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónVirxe dos Desamparados e Roque de Montpellier Editar o valor en Wikidata
Organización política
 Alcaldesa Editar o valor en WikidataMari Carmen Marco Aguilar (en) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46016 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE46237 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos46237 Editar o valor en Wikidata

Sitio webtavernesblanques.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453264

Tavernes Blanques é un concello da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Valencia, situado a carón da cidade de Valencia, na comarca da Horta Nord. Ten 9.353 habitantes (2008).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Aínda que oficialmente dista tres quilómetros do centro de Valencia, os centros urbanos de ambas as dúas poboacións apenas está separados na actualidade. O único aspecto significativo do relevo está constituído polo Barranco do Carraixet, cuxo canle discorre polo límite norte do termo municipal, formando un recuncho na parte noroeste. O resto do termo resulta sensiblemente chan.

O termo municipal de Tavernes Blanques limita coas localidades de Alboraia, Almàssera, Bonrepòs i Mirambell e Valencia, todas elas da provincia de Valencia.

Das explicacións que tratan de xustificar o nome de Tavernes Blanques, en primeiro lugar hai unha referencia á posibilidade da existencia dunhas tabernas nas que se consentía a venda non só de viño senón tamén de augardentes ou "beguda blanca" o cal puido dar lugar á súa denominación. Doutra banda barállase a posibilidade de que ditas tabernas estivesen cubertas con cal e a cor das mesmas condicionase a súa denominación. Tamén se comenta a posibilidade de que o nome se debese á existencia na poboación de "blanquers" ou curtidores de pel, o cal tamén podería dar lugar á denominación do lugar. Por último estímase outra idea fundamentada na suposición de que o chan no que se asentaban as primeiras construcións locais fose dunha cor albo, este feito xunto coa existencia das tabernas tamén podería determinar a orixe do nome da poboación.

A partir do século XV, Tavernes Blanques constituíu un señorío, concedido en 1445 a Bernardo Peris. Afonso de Aragón, posteriormente, cedeuno no seu testamento ao Mosteiro de San Xerónimo de Cotalba, en Gandia, que exerceu o señorío do lugar durante máis de tres séculos ata que, en 1835 o Estado incautase as propiedades, exclaustra aos monxes e, tras a desamortización, os señoríos son abolidos en 1837.

O escudo oficial de Tavernes Blanques, aprobado polo Ministerio da Gobernación en 1951, fai referencia aos Peris (tres peras en campo de goles) aos pais Xerónimos Cotalbos (unha cornucopia rebordante) e ás armas dos Fabra (lúas minguantes e estrelas) ademais dos campos coas catro barras da coroa de Aragón. A denominación oficial Tavernes Blanques foi establecida da anterior Tabernes Blanques por un decreto do Consello de data 25 de xaneiro de 1982, publicado no Diario Oficial da Generalitat Valenciana de 1 de febreiro de 1982 e no Boletín Oficial do Estado de 20 de abril de 1982.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Tavernes Blanques conta cunha poboación de 9.353 habitantes (2008)

Evolución demográfica
190019101920193019401950196019701981199120002007
6077849601.6632.1152.1823.2704.2647.1918.0128.4539.270

Economía

[editar | editar a fonte]

A pesar das orixinarias tabernas, a actividade económica de Tavernes centrouse na industria cárnica. A diferenza das vilas lindeiras, caracterizadas por unha actividade económica ligada ás explotacións agrícolas e con amplos termos municipais. Tavernes Blanques dedicouse explotación de gando porcino e vacún, co establecemento de cebadeiros (coñecidos popularmente como "porcateres", de porc, porco) matadoiros e carnizarías.

A existencia do fielato (coñecido vulgarmente como filato ou "garita dels consumers", que obrigaba a pagar dereitos de consumo no límite urbano da cidade de Valencia) facía que o comercio da carne fóra do seu límite resultase máis económico. Así, grazas á proximidade entre ambas as poboacións, xustifícanse as actividades de engorde de gando porcino e vacún, o seu sacrificio e a venda de carne. Algúns establecementos, como o matadoiro de José Marqués Cuñat, persistiron até ser sede de marcas moi coñecidas no sector, como Óscar Mayer e logo Primayor. A carnizaría de Ramón Guanter ocupou o edificio que logo se destinou a sede administrativa e segundo supermercado do grupo Mercadona. Non en balde a familia Roig foi propietaria dalgúns cebadeiros en Tavernes.

A actividade doutra familia, os Montañana, deu lugar ao establecemento de dúas industrias de refrescos cuxas marcas comerciais, El Siglo e EKO, chegaron a ser moi populares, aínda que non tanto como La Casera que tamén dispuxo dun centro de produción e distribución en Tavernes: Carbónica Valenciana, S.A.

A actividade industrial cesou case por completo no municipio, coa única excepción de Lladró. A presión demográfica da veciña Valencia e o auxe do mercado inmobiliario converteron a Tavernes Blanques nun espazo case exclusivamente residencial.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]