Alfara del Patriarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlfara del Patriarca
Imaxe

Localización
Mapa
 39°32′39″N 0°23′09″O / 39.5441, -0.3857Coordenadas: 39°32′39″N 0°23′09″O / 39.5441, -0.3857
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarcas da Comunidade ValencianaHorta Nord Editar o valor em Wikidata
CapitalAlfara del Patriarca Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación3.455 (2023) Editar o valor em Wikidata (1.744,95 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie1,98 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude35 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónJuan de Ribera (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataMarisa Almodóvar Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46115 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE46025 Editar o valor em Wikidata
ARGOS ID (en) Traducir46025 Editar o valor em Wikidata

Páxina webalfaradelpatriarca.es Editar o valor em Wikidata

Alfara del Patriarca é un concello da Comunidade Valenciana, situado na zona noroeste da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Ten 2.985 habitantes (2008).

Xeografía[editar | editar a fonte]

O escaso termo municipal de dous quilómetros cadrados está situado na Horta de Valencia, por iso os accidentes xeográficos son mínimos sendo todo el practicamente chairo, estando situado o centro urbano a unha altitude de 35 msnm. A única excepción é o barranc del Carraixet que atravesa o termo municipal de norte a sur a escasa distancia do centro urbano. A pesar de que normalmente se atopa seco o gran tamaño da súa conca provoca que sexan frecuentes os desbordamentos cando se producen episodios de gota fría no outono.

Alfara del Patriarca limita cos concellos de Foios, Montcada, Vinalesa e Valencia.

Historia[editar | editar a fonte]

Como a maioría de localidades da comarca Alfara do Patriarca foi un casarío (localmente alqueria) musulmá. Xaime I reconquistouno en 1249 e despois cedeuno a Ximén Pérez da localidade aragonesa de Tarazona. Bartolomeu Cruïlles adquiriuno en 1396 e permaneceu na súa familia até finais do século XVI sendo responsable da construción do coñecido como Palacio de Cruïlles, un dos monumentos máis destacados da localidade.

A familia Cruïlles vendeu a localidade a San Xoán de Ribeira, arcebispo de Valencia tamén coñecido como o Patriarca sendo cedida anos máis tardes ao Real Colexio do Corpus Christi de Valencia, fundado polo mesmo santo. En 1819 independizouse do colexio do Corpus Christi como parroquia da próxima localidade de Montcada. Durante as guerras carlistas foi escenario de incursións das tropas do Xeneral Cabrera e da partida do Serrador.

Demografía[editar | editar a fonte]

Conta cunha poboación de 2.985 habitantes en 2008. O casco urbano atópase conurbado ao de Montcada e este ao da pedanía valenciana de Massarrojos formando unha cidade de feito de case 25.000 habitantes.

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2005 2007
1.342 1.575 1.810 2.230 2.272 2.349 2.508 2.777 2.851 2.818 2.683 2.801 2.858

Economía[editar | editar a fonte]

A economía da localidade dependeu tradicionalmente da agricultura sendo o 100% dos seus cultivos de regadío destacando as laranxeiras e limoeiros, as patacas, o millo e diversas hortalizas. Porén no último século desenvolveuse unha pequena industria especializada na fabricación de mistos, materiais de construción e insecticidas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]