Catarroja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catarroja
Escut de Catarroja.svg
Casa Vivanco (Catarroja) (2).jpg
Localización
Localització de Catarroja respecte del País Valencià.png
PaísEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaValencia
ComarcaL'Horta Sud
Xeografía
Altitude16 msnm
Superficie13 km²
Demografía
Poboación25.650 hab. (2007)
Densidade1.973 hab./km²
XentilicioCatarroxí/ina
Outros datos
Código postal46.200
AlcaldeFrancisco Chirivella Peris (PP)
Ajuntament de Catarroja

Catarroja é un concello do País Valenciano que se atopa na bisbarra da Horta Sud. Limita con Albal, Alcàsser, Massanassa, Paiporta, Picanya, Torrent e a cidade de Valencia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situado na comarca da Horta Sud, atópase a 8 km da capital Valencia e moi preto do lago valenciano por excelencia, a Albufeira. O seu porto da Albufeira é famoso, grazas ao cal converteuse na berce de l'all i pebre (allo e pemento prato típico valenciano no cal a base principal é a anguía).

Esténdese por unha extensa chaira aluvial afundida dende o Mioceno, que se eleva dende o Mar Mediterráneo até os cerros do oeste.

A horta e o elemento máis definitorios da paisaxe, onde a Albufeira coas súas barcas, a pesca, o porto e o cultivo do arroz son a razón da súa existencia. Os campos de arroz coas pequenas construcións que albergan os motores de auga e os hortos de laranxas conforman a paisaxe agraria na actualidade. O clima é mediterráneo.

Economía[editar | editar a fonte]

É unha vila de tradición pesqueira, aínda que pouco a pouco esta vaise perdendo, mais tamén ten unha ampla zona de horta, e sobre todo o cultivo arroz, o cal cultívase na ribeira da Albufeira, no Camí del Port.

En canto á industria destaca de xeito importante o sector do moble. Tamén pódese destacar a existencia dun forte tecido empresarial situado no seu polígono.

Accesos[editar | editar a fonte]

Accédese a esta localidade dende Valencia, por estrada, tomando a CV-4001. Tamén ten estación de ferrocarril da liña de Cercanies València C-1 e C-2 (RENFE).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]