Comarca de València
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
| Provincia | provincia de Valencia | ||||
| Capital | Valencia | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 825.948 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 201,27 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
Comarca de València é unha comarca valenciano-parlante (aínda que bastante castelanizada) do centro do País Valenciano, con capital en Valencia, a histórica Cap i Casal.
Antigamente a Comarca da Horta de València incluía as actuais comarcas da Horta Nord, a Horta Oest, a Horta Sud e a cidade de Valencia. A causa do crecemento de todas estas comarcas vaise dividir nas catro comarcas actuais.
A comarca limita coa Horta Nord, a Horta Oest, a Horta Sud nos seus respectivos puntos cardinais e ao leste co mar Mediterráneo. Ao sur, a Comarca de València inclúe e administra a Albufeira e, por tanto, limita tamén ao sur coa Ribera Baixa.
Só inclúe un municipio, a cidade de Valencia, pero moitas pedanías (Perellonet, El Saler etc.), algunhas delas situadas no medio das outras tres comarcas da Horta.


