Saltar ao contido

Burjassot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Burjassot
 Nome oficial
    Burjassot (ca) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
burjassotera (ca)
burjassoter (ca)
burjasotense (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
Implicados
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
35.682 (2001) rexistro civil
36.168 (2002) rexistro civil
37.330 (2004) rexistro civil
37.394 (2005) rexistro civil
37.756 (2006) rexistro civil
37.402 (2007) rexistro civil
37.667 (2008) rexistro civil
38.433 (2009) rexistro civil
38.170 (2010) rexistro civil
38.205 (2011) rexistro civil
38.175 (2012) rexistro civil
38.148 (2013) rexistro civil
37.641 (2014) rexistro civil
37.546 (2015) rexistro civil
37.324 (2016) rexistro civil
37.575 (2017) rexistro civil
37.584 (2018) rexistro civil
38.024 (2019) rexistro civil
38.632 (2020) rexistro civil
38.712 (2021) rexistro civil
38.880 (2022) rexistro civil
39.702 (2023) rexistro civil
40.634 (2024) rexistro civil
41.299 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   19.692 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   18.332 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   3,4 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   59 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal46100 Editar o valor en Wikidata
Código INE46078 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap346698 Editar o valor en Wikidata
VIAF156395964 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02qchdy Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX454092
Wikidata C:Commons

Burjassot é un concello da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Valencia, situado na zona oeste da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Ten 37.402 habitantes (INE 2008).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Burjassot atópase situada ao noroeste da cidade de Valencia, dentro da súa área metropolitana. A superficie do termo é case cha. Con todo, na zona occidental do municipio existen unhas pequenas elevacións do terreo que acadan unha alzada máxima de sesenta metros que serven de límite á Horta de Valencia. Como toda a comarca, posúe un clima mediterráneo.

Pódese acceder a esta localidade a través das liñas 1 e 4 do Metro de Valencia.

Localidades limítrofes

[editar | editar a fonte]

O termo municipal de Burjassot limita coas localidades de Godella, Paterna e Valencia todas elas da provincia de Valencia.

Pola súa proximidade á capital converteuse nun importante nó de comunicacións para a comarca, sendo atravesado o seu termo pola liña 1 de Metro Valencia e a liña T4, así como liñas de autobuses da EMT e do Consorcio Municipal de Transportes (CMT). Por estrada é posible chegar pola CV-35 (pista de Ademuz / Av. Corts Valencianes) e pola Avenida de Burjassot da capital valenciana.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación de Burjassot ascende a 37.402 habitantes en 2008. Tralo importante incremento demográfico experimentado nas décadas de 1960 e 1970, produciuse un estancamento de poboación nos anos oitenta, debido fundamentalmente ao conciso termo municipal que actualmente está urbanizado nun 70% da súa superficie restando só unha escasa zona de horta que está separada do casco urbano polas vías da liña 1 de Metro Valencia.

O casco urbano atópase conurbado co da localidade de Godella ( e esta á súa vez con Rocafort), co barrio valenciano de Benimàmet e co barrio paternero de Santa Gemma.

Evolución demográfica de Burjassot
1857188719001910192019301940195019601970198119912000200520062008
1.9812.9424.0095.1016.5328.53811.23512.13417.62423.28335.58334.59535.17137.39437.75637.402

Economía

[editar | editar a fonte]
Agricultura.
Universidade de Valencia.

O seu escaso termo municipal áchase urbanizado no seu maior parte existindo unha pequena zona de horta onde se cultivan laranxeiras, hortalizas, cultivos forraxeiros e tubérculos.

O sector primario, outrora o máis importante, é actualmente testemuñal. Pola súa banda, o sector secundario está representado basicamente por industrias dedicadas á cerámica, vidro, téxtil, de transformados metálicos, madeira e mobles, alimentación e confección, habendo desaparecido nestes últimos anos dúas grandes industrias dedicadas ao xoguete e á fabricación de cemento.

Por todo iso cada vez cobra unha maior importancia o sector terciario, destacando o comercio, transportes e comunicacións, os servizos financeiros e servizos comunais. Tendo gran relevancia económica os servizos xerados en torno ao campus universitario.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]