Sedaví
Sedaví | ||
---|---|---|
Localización | ||
País | España | |
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | |
Provincia | Valencia | |
Comarca | L'Horta Sud | |
Xeografía | ||
Altitude | 9 msnm | |
Superficie | 1,80 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 9.750 hab. (2008) | |
Densidade | 5.416,67 hab./km² | |
Xentilicio | Sedavienco/a | |
Outros datos | ||
Código postal | 46910 | |
Alcalde | Rafael Pérez Martínez (PP) | |
Ajuntament de Sedaví |
Sedaví é un concello do País Valenciano que se atopa na bisbarra da Horta Sud.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Situado no sector meridional da comarca. O seu termo, estreito e alargado e o seu relevo é totalmente chairo e cuberto por sedimentos da época cuaternaria, aínda en proceso de colmatación no extremo oriental do termo, ocupado hoxe por arrozais. O termo municipal de Sedaví limita coas localidades de Alfafar, Llocnou de la Corona e Valencia todas elas da Horta Sud.
A súa altitude media mantense por baixo dos 10 m. O clima é tipicamente mediterráneo, con medias térmicas que oscilan entre os 10 °C e os 25 °C de xullo.
Historia[editar | editar a fonte]
A súa orixe histórica parece estar na alquería musulmá denominada Beni-Cedaví que, tras a conquista cristiá, foi doada polo rei Xaime I ao cabaleiro Octavià no ano 1239. Dende o século XVI até 1814 formou parte da familia Barradas.
Demografía[editar | editar a fonte]
Sedaví conta cunha poboación de 9.750 habitantes (2008).
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2005 | 2007 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1.827 | 1.988 | 2.009 | 2.550 | 2.767 | 2.987 | 3.544 | 5.450 | 8.213 | 8.069 | 8.353 | 8.991 | 8.991 | 9.750 |
Economía[editar | editar a fonte]
A súa economía, baseada tradicionalmente nos cultivos hortícolas e o arroz, sufriu no presente século unha profunda transformación até converterse eminentemente en industrial, centrada en torno ao ramo do moble e a madeira. Non existen cultivos de secaño e os cultivos de regadío repártense entre o arroz, a laranxeira, o millo e as hortalizas, que son os que maior extensión ocupan. A gandaría apenas está representada por algunhas cabezas de vacún estabulado, para a produción de leite.
A industria é o sector económico máis importante e factor clave para o aumento da poboación baseado na inmigración de man de obra. O moble é a especialidade que lle dá renome e nel traballa máis dun terzo da poboación activa. A produción realízase en pequenos talleres de orixe artesanal e familiar, ampliados a empresas medianas nos últimos anos. Expórtase a países europeos.