Saltar ao contido

Albalat dels Sorells

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Albalat dels Sorells
 Nome oficial
    Albalat dels Sorells (ca) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
albalatana (ca)
albalatà (ca) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Continente
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
3.445 (2001) rexistro civil
3.508 (2002) rexistro civil
3.493 (2004) rexistro civil
3.486 (2005) rexistro civil
3.624 (2006) rexistro civil
3.708 (2007) rexistro civil
3.758 (2008) rexistro civil
3.849 (2009) rexistro civil
3.856 (2010) rexistro civil
3.859 (2011) rexistro civil
3.911 (2012) rexistro civil
3.923 (2013) rexistro civil
3.937 (2014) rexistro civil
3.896 (2015) rexistro civil
3.889 (2016) rexistro civil
3.900 (2017) rexistro civil
3.944 (2018) rexistro civil
3.977 (2019) rexistro civil
4.036 (2020) rexistro civil
4.110 (2021) rexistro civil
4.084 (2022) rexistro civil
4.158 (2023) rexistro civil
4.249 (2024) rexistro civil
4.368 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   2.027 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   1.950 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   4,62 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   10 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal46135 Editar o valor en Wikidata
Código INE46009 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap341826 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02qcfd6 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX460366
Wikidata C:Commons

Albalat dels Sorells (do árabe: albalat, "o camiño") é un concello da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Valencia, situado na zona norte da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Ten 3.758 habitantes (INE 2008).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Alabalat dels Sorells está situado na chaira da marxe esquerda do río Turia, ao norte da cidade de Valencia. O Caldeirón Real de Montcada atravesa o termo de sur a norte. Pódese acceder a esta localidade a través da liña 3 de MetroValencia e a estrada de Valencia a Barcelona, que cruza o termo.

O concello de Albalat dels Sorells limita coas localidades de Montcada, Albuixech, Museros e Foios todos da Horta Nord.

Ten a súa orixe nunha alquería islámica. Xaime I efectuou diversas doazóns no seu termo, probablemente adquiridas despois por un dos beneficiarios, Pere d'Azllor, que figura en 1242 como o señor da poboación. Diferentes familias adquirirán o señorío até a súa extinción no século XIX.

A principios do século XIV posuíao Guillem Colom, cidadán de Valencia e xurado da cidade. O catalán Pere March, tesoureiro do rei Xaime II foi señor de Albalat, sucedéndolle o seu fillo Xaime, avó do poeta Ausiàs March, en 1352 o dominio pasaría por compra a Berenguer de Codinachs, a cuxo liñaxe pertenceu por espazo de século e medio. Nesa época engádese ao nome da localidade o apelativo de Codinachs ou Codinats para diferenciala doutras poboacións homónimas.

En 1480, a decadencia da familia supuxo a venda do señorío por parte de Lluís Agulló de Codinats ao opulento cidadán de València, Tomàs Sorell, fillo dun poderoso burgués orixinario de Cataluña establecido na cidade o século anterior. O cambio de dominio comportou o do apelativo da poboación chamada entón Albalat de Mossén Sorell ou dels Sorells, e nesta liñaxe, ennobrecido na persoa de Bernat Sorell, cabaleiro, sobriño e herdeiro de Tomás Sorell, perpetuarase o señorío na Idade Moderna.

En 1626 elevouse o señorío a condado. Dende a época da conquista, Albalat dependía no eclesiástico da parroquia de Foios, até a creación da parroquia independente en 1426.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Conta cunha poboación de 3.758 habitantes en 2008.

Evolución demográfica
1900191019201930194019501960197019811991200020052007
1.1981.5001.6341.6931.8351.8512.4473.0633.6083.5153.4793.4863.708

Economía

[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente agrícola, a meirande parte do termo está formada pola horta regada coas augas do Turia a través do caldeirón Real de Montcada. Na actualidade, predomina o cultivo da laranxa coincidindo cunha apreciábel actividade industrial. Debemos destacar que grazas ao apoio dos habitantes da poboación, constituíuse e medrou a Caixa Albalat, pertencente ao grupo de Caixas Rurais que mantén a súa independencia e presenta uns resultados magníficos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]