Buñol
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
| Provincia | provincia de Valencia | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 9.858 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 112,4 km² | ||||
| Altitude | 441 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
| Santo padrón | Lois IX de Francia e Virxe dos Desamparados | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Juan Andrés Perelló (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 46360 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 46077 | ||||
| Código ARGOS de concellos | 46077 | ||||
| Sitio web | bunyol.es | ||||
Buñol (en valenciano: Bunyol) é un concello da provincia de Valencia, no País Valenciano. Pertence á comarca da Foia de Bunyol. Tiña unha poboación de 9.596 habitantes en 2017.
Aínda que xa existían poboados na zona durante o Paleolítico, o núcleo urbano data da época musulmá e xurdiu arredor do castelo. Buñol e a súa comarca incorporouse ao Reino de Valencia a mediados do século XIII durante a conquista de Valencia. A expulsión dos musulmáns (1609) supuxo un grave quebranto demográfico e económico. A chegada do ferrocarril en 1887 fortaleceu a industria papeleira, que no último terzo do XIX chegaba a doce fábricas. A industrialización seguiu sendo forte en Buñol; na década de 1970 do século XX, o sector primario apenas supoñía un 5% da poboación activa, fronte ao 75% da industria. Actualmente, esa porcentaxe diminuíu pero continúa a ser forte a industria no concello.
Entre o seu patrimonio destacan o castelo, a igrexa de San Pedro, a ermida de San Luis Beltrán e varias vendas do século XVII en adiante. O evento máis coñecido é a tomatina, festa declarada de interese turístico internacional en 2002. Celébranse tamén varios actos musicais e, como en moitas outras localidades valencianas, fallas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Buñol |
