Saltar ao contido

Chelva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chelva
 Nome orixinal
    Chelva (es) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Chelva (es) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
xelvà (ca)
xelvana (ca) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
2.110 (2001) rexistro civil
2.046 (2002) rexistro civil
1.986 (2004) rexistro civil
1.938 (2005) rexistro civil
1.877 (2006) rexistro civil
1.839 (2007) rexistro civil
1.803 (2008) rexistro civil
1.782 (2009) rexistro civil
1.734 (2010) rexistro civil
1.683 (2011) rexistro civil
1.627 (2012) rexistro civil
1.507 (2013) rexistro civil
1.463 (2014) rexistro civil
1.446 (2015) rexistro civil
1.466 (2016) rexistro civil
1.516 (2017) rexistro civil
1.498 (2018) rexistro civil
1.489 (2019) rexistro civil
1.531 (2020) rexistro civil
1.583 (2021) rexistro civil
1.597 (2022) rexistro civil
1.645 (2023) rexistro civil
1.677 (2024) rexistro civil
1.863 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   723 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   766 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   190,6 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   800 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal46176 Editar o valor en Wikidata
Código INE46106 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap343968 Editar o valor en Wikidata
VIAF235924023 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02qcr5l Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX455170
Wikidata G:Commons C:Commons

Chelva (en valenciano Xelva) é un municipio da Comunidade Valenciana. Está situado no interior da provincia de Valencia, na comarca de Serrans, tamén coñecida como "Alto Turia". Dista uns 68 km de Valencia pola CV-35 (Valencia-Ademuz).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

As alturas máis destacadas do termo son o pico da Atalaia (1.157 m), no camiño cara a Villar de Tellas dende Chelva e próximo á poboación de Benagéber, e o Cerro da Neveira (1.205 m) ao norte. O centro urbano de Chelva atópase a 450 m sobre o nivel do mar. O clima predominante é o clima mediterráneo de veráns cálidos e invernos frescos, de carácter semiárido.

O termo presenta unha importante masa forestal, de Pinus halepensis, que ocupa algo máis de 14.000 ha de propiedade na súa maioría pública, patrimonial do Concello, e declarada de Utilidade Pública (montes de UP nº 50 e 51 do catálogo da provincia de Valencia).

Pedanías e barrios

[editar | editar a fonte]

Posúe unha poboación duns 2.100 habitantes, 2.000 localizados no centro urbano de Chelva e o resto nas seguintes pedanías e núcleos habitados: Villar de Tellas, Ahillas, Alcotas, Mas de Caballero, Mas de Sancho e El Cerrito. Outras aldeas xa abandonadas son: Bercuta, Benacacira, Arquela etc. Tamén existen masas de labranza dispersas por todo o monte, como son: Mozul, Mozaira, Zae, Casas del Alto, Mas de Pinar, Mais de Tiero, La Atalaya, Mas de Alonso etc. A poboación indicada é moi estacional e as variacións ao longo do ano son importantes, especialmente na época de vacacións. No inverno dificilmente pasa de 1200 habitantes, mentres que no verán, sobre todo en agosto, supera facilmente os 5000.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno140015001600170018001900200021002200200020052010201520202025ChelvaEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.