Saltar ao contido

Ontinyent

Ontinyent
 Nome oficial
    Ontinyent (ca)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Ontinyentí, ontinyentina, merut, meruda (ca)  
Ontiñentino/a, onteniense (es)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Continente
 Capital
 Contén núcleo de poboación
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
32.687 (2001) rexistro civil
33.734 (2002) rexistro civil
35.155 (2004) rexistro civil
35.517 (2005) rexistro civil
36.368 (2006) rexistro civil
36.695 (2007) rexistro civil
37.518 (2008) rexistro civil
37.735 (2009) rexistro civil
37.935 (2010) rexistro civil
37.606 (2011) rexistro civil
37.140 (2012) rexistro civil
36.974 (2013) rexistro civil
36.180 (2014) rexistro civil
35.621 (2015) rexistro civil
35.534 (2016) rexistro civil
35.342 (2017) rexistro civil
35.395 (2018) rexistro civil
35.347 (2019) rexistro civil
35.761 (2020) rexistro civil
35.946 (2021) rexistro civil
35.946 (2022) rexistro civil
36.194 (2023) rexistro civil
36.430 (2024) rexistro civil
37.012 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   17.906 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   17.441 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   125,4 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   382 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal46870 Editar o valor en Wikidata
Código INE46184 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap342680 Editar o valor en Wikidata
VIAF147891944 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/094zzy Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Código do catálogo
 Páxina WEB
BNE: XX450973
Wikidata C:Commons
Casa do Concello de Ontinyent

Ontinyent é un concello da Comunidade Valenciana situado ao suroeste da provincia de Valencia, na comarca do Vall d'Albaida. Ten 37.518 habitantes (INE 2008).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situada á beira do río Clariano. O relevo é moi montañoso constituído no seu maior parte pola Serra Grossa, que serve de muralla que pecha a comarca polo oeste.

O clima é mediterráneo frío, con xeadas de primavera e neves no inverno; os veráns son extremadamente calorosos, aínda que adoita refrescar un pouco pola noite.

Dende Valencia, accédese a esta localidade a través da A-7 para enlazar coa CV-40 e finalizar na CV-650. Conta tamén con estación do ferrocarril pertencente á liña Xàtiva-Alcoi.

Localidades limítrofes

[editar | editar a fonte]

O concello de Ontinyent limita ao sueste con Bocairent (Valencia), ao leste con Agullent (Valencia), ao nordeste con Aielo de Malferit (Valencia), ao norte con Moixent e Vallada (Valencia), ao suroeste con Fontanars dels Alforins (Valencia) e Banyeres de Mariola (Alacant), e ao sur con Alfafara (Alacant).

Demografía

[editar | editar a fonte]

Ontinyent ten 36.695 habitantes (INE 2007). Segundo este censo, un 11,9% da súa poboación é da inmigración.[1]

Evolución demográfica de Ontinyent[2]
1857188719001910192019301940195019601970198119912000200620072008
10.48911.16511.43012.39012.47012.34213.56414.68918.78723.68528.12329.51131.34336.36836.69537.518

Entre os censos de 1920 e 1930, diminuíu a poboación por independizarse Fontanars dels Alforins

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía de Ontinyent descansa principalmente na industria téxtil, con grandes empresas que ao longo dos anos foron referencia no País Valenciano e internacionalmente: Colortex, Paduana, Revert... son só algúns exemplos. Con todo, a crise do sector téxtil fíxose patente na comarca e na cidade pecharon non só empresas que pola súa fortaleza eran bandeira da industria ontiñentina, como a téxtil Paduana e dentro do xero de punto a fábrica de Torró, senón tamén moitas outras de menos forza e algunhas industrias e empresas doutros sectores que dependían do sector téxtil.

Ademais posúe unha riqueza agrícola considerable. A súa vexetación constitúena fundamentalmente piñeiros e outras como tomiño, romeu e a aulaga. Os cultivos que ocupan o fondo dos vales son: vide, oliveiras, alfarrobeiras, amendoeiras, cereais e diferentes árbores de froitas.

  1. Fonte: Explotación estatística do censo segundo o Instituto Nacional de Estadística. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades). Arquivado 12 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.
  2. Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine.