Riba-roja de Túria
Aparencia
| Epónimo | Río Turia | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
| Provincia | provincia de Valencia | ||||
| Capital | Riba-roja de Túria | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 24.230 (2024) | ||||
| Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 57,5 km² | ||||
| Altitude | 125 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Santo padrón | Asunción de María | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Francisco Tarazona Zaragoza | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 46190 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 46214 | ||||
| Código ARGOS de concellos | 46214 | ||||
| Sitio web | ribarroja.es | ||||
Riba-roja de Túria é un concello da provincia de Valencia, situado na Comunidade Valenciana. Pertence á comarca do Camp de Túria e ten unha poboación de 21.520 habitantes (INE 2013).
Limita cos concellos de Benaguasil, l'Eliana, Loriguilla, la Pobla de Vallbona e Vilamarxant (na mesma comarca do Camp de Túria), ademais de Quart de Poblet, Manises e Paterna (na Horta Oest) e Cheste e Chiva (na comarca da Foia de Bunyol).
Entre os lugares de interese de Riba-roja destacan os restos romanos, como un campamento militar e un acueduto, e visigodos atopados na zona. Ademais, pódese visitar o castelo da localidade, a igrexa parroquial ou a Capela da Virxe dos Desamparados.
