Bonrepòs i Mirambell
Bonrepòs i Mirambell | ||
---|---|---|
![]() | ||
Casa do concello | ||
Localización | ||
País | España | |
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | |
Provincia | Valencia | |
Comarca | L'Horta Nord | |
Xeografía | ||
Altitude | 27 msnm | |
Superficie | 1,10 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 3.132 hab. (2008) | |
Densidade | 2.847,27 hab./km² | |
Xentilicio | Bonrepostí | |
Outros datos | ||
Código postal | 46131 | |
Alcalde | Vicenta Boix i Palanca (PSPV) | |
www.bonimir.com |
Bonrepòs i Mirambell é un concello da Comunidade Valenciana, situado na zona norte da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Ten 3.132 habitantes (2008).
Xeografía[editar | editar a fonte]
O escaso termo municipal dun quilómetro cadrado está situado na Horta de Valencia. A súa superficie é totalmente chá cunha lixeira pendente de noroeste a sueste sen que exista ningún accidente xeográfico. O barranco de Carraixet exerce de límite polo oeste e o sur do municipio. O clima é mediterráneo. Os ventos dominantes do norte, poñente e levante, sendo este último o que provoca as choivas, xeralmente de outono a primavera.
Bonrepòs i Mirambell limita coas localidades de Almàssera, Tavernes Blanques, Vinalesa e coa cidade de Valencia. O principal núcleo de poboación é a vila de Bonrepós, situado na marxe esquerda do barranco de Carraixet. O casarío de Mirambell, forma case un só núcleo urbano con Bonrepòs, e existe poboación diseminada por varios casais, coñecidos localmente como alqueries.
Historia[editar | editar a fonte]
A orixe da poboación é a alquería musulmá de Bonrepòs que tras a conquista por parte de Xaime I pasou a ser territorio de reguengo. Próximo a esta atopábase o casarío de Mirambell que foi poboado por mouriscos até a súa expulsión do Reino de Valencia en 1609.
En 1472, Xoán II doa as terras de Bonrepóò a Francesc Jardí de Menaguerra. Durante o século XVI prodúcense varios cambios de donos pasando a mans dos Montoliu e os Mirasol i Talamantes. En 1574 Bonrepòs segrégase da parroquia de Carpesa dependendo dela Mirambell e Cases de Bàrcena.
Finalmente co aumento demográfico do século XX unifícanse os núcleos de poboación de Bonrepós e de Mirambell.
Demografía[editar | editar a fonte]
Bonrepòs i Mirambell conta cunha poboación de 3.132 habitantes en 2008 atopándose o seu casco urbano conurbado ao de Almàssera.
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2005 | 2007 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
643 | 727 | 820 | 1.010 | 1.361 | 1.308 | 1.613 | 1.754 | 2.701 | 2.536 | 2.283 | 2.735 | 3.047 |
Economía[editar | editar a fonte]
A economía da localidade dependeu tradicionalmente da agricultura sendo o 100% dos seus cultivos de regadío, con todo ao longo do século XX xurdiron diversas industrias lixeiras. Hai gando vacún, porcino e varias granxas avícolas. Ademais funciona unha fábrica de fertilizantes.