Manises
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
| Provincia | provincia de Valencia | ||||
| Comarca da Comunidade Valenciana | Horta Sud | ||||
| Capital | Manises | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 32.273 (2024) | ||||
| Lingua oficial | lingua valenciana (lingua predominante) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 19,6 km² | ||||
| Altitude | 52 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcaldesa | Alicia Fernández (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 46940 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 46159 | ||||
| Código ARGOS de concellos | 46159 | ||||
| Sitio web | manises.es | ||||
Manises é un municipio da Comunidade Valenciana. Situado na provincia de Valencia, na comarca da Horta Oest. Ten 30.478 habitantes (INE 2008) e é famoso pola súa cerámica e por albergar no seu termo municipal ao aeroporto de Valencia.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situado no extremo occidental da Horta de Valencia, na marxe dereita do río Turia. O termo municipal de Manises limita coas localidades de Quart de Poblet, Paterna e Riba-roja de Túria, todas elas na provincia de Valencia.
Dende Valencia, accédese a esta localidade por estrada a través da A-3 e a V-11. Por transporte público é tamén accesible a través das liñas 3 e 5 de Metro Valencia e da liña 150 do autobús Manises/Aeroporto.
Barrios
[editar | editar a fonte]- El Carme
- Socusa
- Obradors
- Sant Jeroni (Barriada compartida co municipio veciño de Quart de Poblet)
- Sant Feliu
- Alameda Park
- Sant Francesc
Historia
[editar | editar a fonte]Non hai datos seguros dunha ocupación humana deste termo anterior á romanización. Desta época son testemuñas, ademais dunha moeda achada no campo de golf e de fragmentos de vasos de terra sigillata aparecidos no Racó, os restos dunha posible vila rústica que hai na partida do Collado, onde se vía o fuste dunha columna de pedra calcaria dun metro de diámetro.
A orixe da poboación é musulmá, aínda que se atoparon pegadas da época romana. Os musulmáns crearon un centro cerámico moi importante que, trala súa conquista, foi doado por 1237 polo rei Jaume II a Artal de Lluna, cuxa familia continuou na posesión até finais do século XIII, en que pasou a poder de Pere Boil, mordomo e tesoureiro de Jaume II. Os musulmáns seguiron vivindo en Manises, traballando o barro cocido, cuxa técnica ensinaron aos cristiáns, os cales á súa vez a perfeccionaron.
Demografía
[editar | editar a fonte]Conta cunha poboación de 29.778 habitantes en 2007. Un 6,21% dos seus habitantes era, segundo o mesmo padrón, da inmigración.
| Evolución demográfica de Manises | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2006 | 2007 | |||||||
| Poboación | 3.577 | 4.076 | 5.010 | 6.667 | 7.711 | 9.173 | 13.097 | 19.945 | 23.975 | 24.453 | 25.897 | 29.717 | 29.778 | ||||||
Clima
[editar | editar a fonte]É un clima tipicamente mediterráneo pero non con trazos moi definidos, atopámonos uns veráns menos calorosos que no interior e uns invernos considerablemente bastante máis fríos que na costa, con xeadas nocturnas nos meses de inverno. A temperatura media do inverno descende aos 4,7 graos (aínda que pode chegar aos -5 °C ou -10 °C nos días máis fríos) mentres que ao verán ascende aos 24,8 graos (con picos de 35 °C).
