Almàssera
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
| Provincia | provincia de Valencia | ||||
| Comarca da Comunidade Valenciana | Horta Nord | ||||
| Capital | Almàssera | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 7.887 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 2,7 km² | ||||
| Altitude | 10 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Emilio José Belencoso Rodrigo | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 46132 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 46032 | ||||
| Código ARGOS de concellos | 46032 | ||||
| Sitio web | almassera.es… | ||||
Almàssera é un concello da Comunidade Valenciana, situado na zona norte da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Ten 2.985 habitantes (2008).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Almàssera atópase situado ao norte da cidade de Valencia, na marxe esquerda do barranco de Carraixet, nun terreo completamente chairo de arxila e areas. O termo municipal de Almàssera limita con Alboraia, Bonrepòs i Mirambell, Meliana, Tavernes Blanques e Valencia, todas elas da provincia de Valencia.
Este barranco de Carraixet cruza o termo de oeste a leste e serve de límite con Alboraia e Tabernes Blanques, estando normalmente seco ou cun pequeno curso de auga, exceptuando os períodos de choiva, nos que poden producirse perigosas inundacións (como a de 1957, que causou danos cuantiosos). O clima da vila é mediterráneo.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi un antigo casal musulmán doado polo rei Xaime I en 1238 ao bispo de Huesca, Vidal de Canyelles. En 1242 pertencía a Miró de Ciutadella. Está documentado o mandamento dun pago de cincuenta sólidos a D.P. Marrades a data do 7 de maio de 1372 e outro o 26 de xuño do mesmo ano, segundo consta no libro "Claveria Comuna".
Despois até 1610, foi señorío dos Artés, pasando posteriormente a ser propiedade dos condes de Parcent, até a abolición dos señoríos en 1814.
Demografía
[editar | editar a fonte]Almàssera conta cunha poboación de 6.955 habitantes (2008).
| Evolución demográfica de Almàssera | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2005 | 2006 | 2007 | ||||||
| Poboación | 1.675 | 1.956 | 2.261 | 2.335 | 2.625 | 2.729 | 2.965 | 4.713 | 5.482 | 5.396 | 5.759 | 6.737 | 6.883 | 6.928 | |||||
Economía
[editar | editar a fonte]A superficie cultivada é de regadío. Adoitan obterse tres colleitas ao ano. Os principais cultivos son hortalizas. Régase con augas dos caldeiróns de Rascanya e Montcada. A principal industria é a cerámica e a fundición.
