Carcaixent
Carcaixent | ||
---|---|---|
Localización | ||
País | España | |
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | |
Provincia | Valencia | |
Comarca | Ribera Alta | |
Xeografía | ||
Altitude | 21 msnm | |
Superficie | 59,3 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 21.973 hab. (2008) | |
Densidade | 385,36 hab./km² | |
Xentilicio | Carcaixentí/-ina | |
Outros datos | ||
Código postal | 46.740 | |
Alcalde | Lola Botella Arbona (PP) | |
www.carcaixent.es |
Carcaixent é un concello da Comunidade Valenciana localizado na provincia de Valencia, concretamente na comarca da Ribera Alta. Ten unha poboación de 21.973 habitantes (INE 2008). A conurbación que forma na actualidade cos concellos de Alzira e Algemesí constitúe, cos seus 95.000 habitantes, o segundo núcleo de poboación da provincia de Valencia, tras a capital e a súa área metropolitana.
Xeografía[editar | editar a fonte]
O termo municipal sitúase entre a marxe dereita do río Xúcar, Val de Aigües Vives e as montañas del Convent. A cidade de Carcaixent é o núcleo máis importante do municipio, que ademais lle dá nome.
No que respecta á orografía, cabe dicir que é regada polo río Xúcar e polos seus afluentes Magre, Verd e Barxeta, e tamén pola Real Quenlla de Carcaixent. O termo é maiormente chairo, e esténdese pola unidade xeográfica que forma o val do Xúcar, que se transforma a partir da cidade cara ao leste nun terreo montañoso coa serra de Corbera e a das Agullas. O chan é cuaternario, orixinado polo aluvión procedente do río Xúcar, con montañas de roca calcárea.
Desde Valencia, accédese a esta localidade a través da CV-42 e CV-41 ou por medio da A-7 e logo tomando a CV-543. Tamén ten estación de ferrocarril na liña C-2 de Proximidades Valencia (Renfe).
Barrios e pedanías[editar | editar a fonte]
No termo municipal de Carcaixent atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación:
- Barraca de Aigües Vives
- Cogullada
Pola súa banda, o núcleo de Carcaixent divídese en catro barrios:
- Santa Bàrbara
- Les Barraques
- La Muntanyeta
- Els Quatre Camins
Demografía[editar | editar a fonte]
Carcaixent ten 21.695 habitantes (INE 2007). Segundo este censo, un 7,7% da súa poboación é de nacionalidade estranxeira.
Evolución demográfica deCarcaixent | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2006 | 2007 | 2008 | ||||
9.255 | 12.503 | 12.262 | 13.520 | 13.834 | 15.393 | 17.846 | 17.216 | 17.937 | 18.971 | 22.164 | 20.062 | 20.609 | 21.753 | 21.695 | 21.973 |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Carcaixent |