Benetússer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benetússer
Senyera de Benetússer.svg
Escut de Benetússer.svg
Localización
Localització de Benetússer respecte del País Valencià.png
PaísEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaValencia
ComarcaL'Horta Sud
Xeografía
Altitude11 msnm
Superficie0,76 km²
Demografía
Poboación14.824 hab. (2008)
Densidade19.505,26 hab./km²
XentilicioBenetussí
Outros datos
Código postal46910
AlcaldeEva Ángela Sanz Portero (PSPV)
www.benetusser.es

Benetússer é un concello da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Valencia, na comarca da Horta Sud. Limita unicamente con dous concellos, Alfafar polo norte, polo sur e polo leste e Paiporta polo oeste.

Historia[editar | editar a fonte]

O lugar que ocupa Benetúser, do mesmo xeito que o resto da Horta Valenciana, é probable que estivese moi poboado polo ser humano durante os tempos prehistóricos. Ao atoparse o municipio nunha zona de gran fertilidade, os diferentes pobos que pasaron pola península disputáronse a súa posesión, por iso foi conquistada e dominada polos iberos, cartaxinenses, romanos, godos e árabes. Hai indicios que indican que este lugar era unha centuria romana, aínda que non hai datos que demostren a permanencia de dominadores con carácter de habitantes no que hoxe é o pobo de Benetúser, pero é indubidable que houbo vivendas illadas e celeiros, casas de apeiros etc. Nestas vivendas residían individuos destinados ao coidado das facendas, tanto fenicias, como romanas ou godas. Até a chegada dos árabes, en que coa construción da casa Babot, en 1250, iniciouse o movemento de poboación con carácter de permanencia aínda que en limitadas proporcións.

A primeira constancia da vila data de 1250 cando o municipio aparece apuntado no Llibre do Repartiment, código no que se detalla a repartición de terras despois da conquista de Xaime I, como Benitúzem, forma composta de Beni- (plural de Ibn, fillo de) e Túzem (antigo topónimo de Tunisia).

Despois da reconquista cristiá Benetúser foi repoboado por familias oriúndas de Cataluña, Aragón e Montpellier (Francia). O 27 de abril de 1351 Giner Rabassa adquire o municipio, a pesar de que a liñaxe derivou en 1412, por diversos parentescos, na familia señorial dos Rabassa de Perellós.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Benetússer atópase situado ao sur da cidade de Valencia, a 5 km, formando unha conurbación (un só núcleo urbano) cos pobos veciños de Alfafar, Sedaví, Lloc Nou de la Corona e Massanassa. Forma parte da Comarca da Horta Sud-Albufeira, á vez que é membro da Mancomunitat Intermunicipal de l'Horta Sud, a cal inclúe tamén a algúns concellos da Horta Oest como Torrent.

A superficie do termo é de 0,76 km², completamente chaira, alzándose até os 16 msnm. No termo municipal de Benetúser atopamos fundamentalmente dous tipos de chans do cuaternario, entre os que destacan os fluvisois (solos formados sobre depósitos aluviais) e os gleisois (chans formados sobre materiais non consolidados, excluíndo os de orixe aluvial).

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación de Benetússer a comezos do século XX era un municipio totalmente rural das proximidades de Valencia. A poboación era moi reducida e non chegaba ao milleiro, fundamentalmente localizada ao redor da praza da igrexa e do forno. Todo isto trocou nas décadas dos 60 e dos 70 do século XX, momento no que se desenvolveu a industria do moble na comarca, e en especial nesta vila, xa que este municipio representaba nestes momentos máis dun terzo do emprego industrial da comarca.

Grazas ao desenvolvemento industrial de Benetússer chegaron ao municipio gran cantidade de inmigrantes, chegados fundamentalmente do interior e sur peninsular (Castela A Mancha, Estremadura e Andalucía), os cales se dirixiron a este municipio en busca de emprego. Deste xeito co aumento da poboación do municipio a finais do século XX provocouse a saída das industrias do municipio, debido fundamentalmente ao reducido tamaño do mesmo. Así dende a década dos 90 a poboación de Benetússer está estancada ao redor dos 14.000 habitantes, os cales traballan maioritariamente nos concellos próximos, convertendo deste xeito ao municipio nunha "vila dormitorio".

Evolución demográfica de Benetússer
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 1996 2001 2004 2006 2007
996 1216 1421 2517 3436 3954 5907 10.062 13.488 13.891 13.961 13.425 14.023 14.283 13.940

Economía[editar | editar a fonte]

A extensión do seu termo municipal, un dos máis pequenos da comarca, foi un dos motivos principais que configuraron a economía do municipio, xa que os agricultores tiveron que buscar terras de cultivo nos municipios veciños e, máis recentemente, a falta de chan cultivable ademais das súas boas comunicacións (o primeiro ferrocarril chegou en 1852) conduciu súa economía a unha intensa industrialización. O sector industrial de Benetússer e dos seus arredores, tradicionalmente, estaba especializado na industria moble aínda que tamén destacaban os talleres agro-alimentarios, as destilerías ou as fábricas de peites. A produción realizábase en pequenos talleres de orixe artesanal e familiar, ampliados a empresas medianas nos últimos anos.

Actualmente, o sector do moble segue a ser unha actividade importante, aínda que os centros de produción fóronse desprazando cara aos polígonos industriais doutras poboacións, debido ao reducido tamaño do municipio, quedando neste unicamente as exposicións e tendas destes produtos. Deste xeito gran parte da poboación activa do concello pertence ao sector servizos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]