Requena
Requena | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Localización | |||
País | España | ||
Comunidade autónoma | País Valenciano | ||
Provincia | Valencia | ||
Comarca | Requena-Utiel | ||
Xeografía | |||
Altitude | 692 msnm | ||
Superficie | 814,2 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 21.448 hab. (2010) | ||
Densidade | 26,34 hab./km² | ||
Xentilicio | Requenense | ||
Outros datos | |||
Código postal | 46340 | ||
Alcalde | Javier Berasaluce Ramos (PP) | ||
www.requena.es |
Requena é un concello da Comunidade Valenciana, situado no interior da provincia de Valencia, na comarca de Requena-Utiel. En 2010 tiña unha poboación de 21.448 habitantes.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Está situada entre a meseta castelán-manchega e o Mediterráneo do que tan só a separan 67 km. É un territorio formado por unha meseta de invernos fríos e veráns calorosos, de bos recursos hidráulicos e de grandes belezas e contrastes. Atópase situada na zona máis occidental da provincia de Valencia, onde o río Cabriel limítaa polo oeste e sur con profundas gargantas; polo leste e norte, a Serra de Juan Navarro e o Pico do Tezo (1.250 m.) sepárana das serranías do Turia.
Historia[editar | editar a fonte]
Os primeiros restos arqueolóxicos que indican os primeiros indicios de poboación e orixe da cidade datan do século VII aC. Tamén existen restos da época romana.
A cidade entrou a formar parte dos reinos musulmáns sendo coñecida como Rakka'na, cuxo significado é "A forte". Do ano 1021 en diante convértese na cidade fortificada que marca a divisoria entre os reinos de Valencia e de Toledo. Fernando III o Santo reconquista Requena moi posiblemente no ano 1238.
En 1707 Filipe V concédelle o título de Vila e en 1836 recibe o título de Cidade de mans de Isabel II.
Demografía[editar | editar a fonte]
O concello de Requena ten 21.448 habitantes (INE 2010).
Evolución demográfica de Requena | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | ||
12.029 | 14.457 | 16.236 | 17.658 | 18.818 | 17.650 | 19.422 | 20.253 | 18.933 | 17.840 | 18.152 | 17.014 | 19.092 | 20.046 | 20.216 | 20.440 | 20.807 | 21.278 |
Economía[editar | editar a fonte]
Durante o século XX creceron os cultivos de vide na cidade, sendo esta a súa maior actividade económica. Actualmente, cunhas 18.000 hectáreas de cultivos é un dos concellos de España con maior produción vinícola. Forma parte da Denominación de Orixe Utiel-Requena, que abarca outros concellos da zona, como Utiel.
Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Requena |
- Concello de Requena (en castelán)
- Aldeas de Requena (en castelán)