Xirivella
Xirivella | ||
---|---|---|
Localización | ||
País | España | |
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | |
Provincia | Valencia | |
Comarca | L'Horta Oest | |
Xeografía | ||
Altitude | 17 msnm | |
Superficie | 5,20 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 30.633 hab. (2008) | |
Densidade | 5.810 hab./km² | |
Xentilicio | Xirivellense | |
Outros datos | ||
Código postal | 46.200 | |
Alcalde | Michel Montaner Berbel (PSPV) | |
www.xirivella-ajuntament.es/ |
Xirivella (en valenciano e oficialmente Xirivella) é un concello da Comunidade Valenciana. Pertence á provincia de Valencia e está situado na área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Oest. Ten 30.633 habitantes (INE 2008).
Xeografía[editar | editar a fonte]
Xirivella sitúase na Horta de Valencia, ao oeste da capital. O termo municipal de Xirivella limita coas localidades de Alaquàs, Aldaia, Quart de Poblet, Mislata, Picanya e a Cap i Casal, todas elas da provincia de Valencia.
O clima é clima mediterráneo. A súa situación na chaira de Quart fai que posúa un relevo plano e moi apto para a agricultura. Orixinariamente o río Turia non bañaba o seu termo municipal e a súa horta era bañada pola canle de rega de Faitanar, a cal continua en funcionamento. Trala riada de 1957, modificouse a canle do río Turia e construíuse a nova canle mediante o proxecto "Plan Sud". A partir de entón, Xirivella viu dividido o seu territorio en dúas partes: unha pegada a Valencia capital, ao leste, e o groso do termo municipal, ao oeste.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Web Oficial do Ajuntament de Xirivella
- Federación Valenciana de Municipios e Provincias - Guía Turística
- Xornal dixital Xirivella Hui Actualidade de Xirivella.
- Mostra Internacional de Pallasos. Arquivado 20 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.