Alaquàs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlaquàs
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 39°27′30″N 0°27′46″O / 39.458333333333, -0.46277777777778Coordenadas: 39°27′30″N 0°27′46″O / 39.458333333333, -0.46277777777778
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarcas da Comunidade ValencianaHorta Sud Editar o valor em Wikidata
CapitalAlaquàs (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación29.825 (2023) Editar o valor em Wikidata (7.647,44 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie3,9 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude42 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataAntonio Saura Martín (2019–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46970 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE46005 Editar o valor em Wikidata
ARGOS ID (en) Traducir46005 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webalaquas.es Editar o valor em Wikidata
Facebook: som.alaquas Twitter: SomAlaquas Editar o valor em Wikidata

Alaquàs é un concello da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, situado na zona oeste da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Oest. Ten 30.297 habitantes (INE 2008).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situado a 42 m de altitude e con 3,9 km² de extensión, localízase na Horta de Valencia, a 7 km ao oeste da capital provincial e pertencente á comarca da Horta Oest. Limita ao norte e ao oeste co municipio de Aldaia, e ao Sur co de Torrent e o de Picanya, e finalmente ao Leste co de Xirivella.

Historia[editar | editar a fonte]

Antiga alquería musulmá, a súa titularidade foi outorgada por Jaume I a Bernat Castellnou no ano 1238, o cal cambiouna por outras posesións a Ponç Soler. Posteriormente, confiscóuselle e pasou a mans da Coroa. En 1319 Joan Escrivà comprou o señorío e despois adquiriuno a familia Vilaragut, que o venderon no século XV aos Aguilar. Despois pasou a ser patrimonio dos Pardo de la Casta. Un dos membros desta familia, Lluís Pardo, obtivo o título de conde de Alaquàs no ano 1577. Máis tarde, o condado pertenceu aos marqueses de Manfredi e, despois ao barón de Bolbait. Deste momento consérvase o palacio-castelo levantado baixo o patrimonio de Lluís Pardo de la Casta e recentemente recuperado para o público xeral polo Concello de Alaquàs; trátase dunha construción de planta cuadrangular, con catro torres de 25 m. de altura, das cales só conservábanse tres. Nunha recente restauración reconstruíuse a cuarta torre.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome de Alaquàs é de orixe arábiga, xa que provén do árabe al-aquas الأقواس, é dicir, "os arcos" ou "as arcadas", e fai referencia a unha localidade situada ao redor de vinte quilómetros do Barranc de Torrent. Como un caldeirón procedente de Manises está construída con moitas arcadas, ou debido á posible existencia dunhas arcadas dalgunha ponte moura xa desaparecida, os árabes chamárono desta forma. Xa durante a conquista cristiá, logo de sitiar a localidade, Jaume I deu a Berenguer de Castellnou Alaquaz, tal como consta no documento de concesión.

Demografía[editar | editar a fonte]

Nos anos 60 do século XX produciuse unha grande chegada de inmigrantes de Andalucía e Castela o que fixo aumentar a poboación considerabelmente até acadar uns 24.000 habitantes en 1986 e chegando aos 30.297 no ano 2008.

Evolución demográfica de Alaquàs[1]
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2006 2007 2008
Poboación 1.846 2.062 2.370 2.672 2.765 3.276 3.753 4.332 8.116 19.639 23.550 24.107 26.939 30.104 30.177 30.297

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]