Feminismo radical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O feminismo radical é unha corrente feminista que sostén que a raíz da desigualdade social e económica en todas as sociedades ata agora existentes foi o patriarcado, a dominación do varón sobre a muller.[1] Esta perspectiva céntrase nas relacións de poder que se organizan na sociedade, construíndo a supremacía masculina, entre outras cuestións debido ao papel reprodutivo da muller e o varón. Denomínase feminismo radical porque se propón buscar a raíz da dominación.[2]

Esta corrente procura unha reorganización da sociedade na cal a supremacía masculina sexa eliminada en todos os contextos sociais e económicos.[3] As feministas radicais buscan abolir o patriarcado desafiando as normas e institucións sociais existentes, máis que a través dun proceso puramente político. Isto inclúe a eliminación da noción tradicional dos roles de xénero, a oposición da cousificación sexual das mulleres e a sensibilización da poboación sobre cuestións como a violación e a violencia contra a muller.

O feminismo radical temperán, cuxas orixes pódense situar na segunda onda feminista dos 60,[4] consideraba o patriarcado como un «fenómeno transhistórico»[5] anterior e máis profundo ca outras fontes de opresión, «non só o xeito máis antigo e máis universal de dominación, senón a forma primaria»[6] e o modelo para todos os demais.[6] Máis tarde, a política derivada do feminismo radical variou dende o feminismo cultural[3] ata a política máis sincrética que relacionou as cuestións de clase, economía etc. co patriarcado, todas elas fontes de opresión.[7]

As feministas radicais localizan a raíz da causa da opresión das mulleres nas relacións patriarcais de xénero, en oposición aos sistemas legais (como o feminismo liberal) ou á loita de clases (como no feminismo anarquista, o feminismo socialista e o feminismo marxista).

Historia e características[editar | editar a fonte]

Manifestación Women's Liberation en Washington D.C., 1970.

Esta corrente céntrase nas relacións de poder que organizan a sociedade, construíndo a supremacía masculina.

As feministas radicais proponse derrocar o patriarcado por medio da súa oposición aos roles de xénero e propugnan unha reorganización da sociedade. O feminismo radical tivo a súa orixe na segunda onda do feminismo na década de 1960. Desta corrente derivaron o feminismo cultural e outras correntes feministas radicais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Willis, Radical Feminism and Feminist Radicalism, p. 117.
  2. Puleo, Alicia. «Lo personal es político: el surgimiento del feminismo radical». Teoría feminista: de la Ilustración a la Globalización. Amorós, Celia Y de Miguel, Ana (Eds.).
  3. 3,0 3,1  (Willis 1984, p. 117)
  4. (Willis 1984, p. 118)
  5. (Willis 1984, p. 122)
  6. 6,0 6,1 (Willis 1984, p. 123)
  7. (Willis 1984, p. 141)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Willis, Ellen, "Radical Feminism and Feminist Radicalism", 1984, collected in No More Nice Girls: Countercultural Essays, Wesleyan University Press, 1992, ISBN 0-8195-5250-X, pp. 117–150.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Redstockings Order original source material by radical feminsts from Redstockings of the Women's Liberation Movement. (en inglés)